Modelo e áreas formativas
A Escola, con carácter presencial e máis on-line, desenvolverá actividades formativas de diverso carácter, principalmente:
- Actividades formativas básicas: orientadas a mellorar as habilidades dos afiliados en materias de promoción e dirección asociativa, comunicación orgánica e institucional e xestión pública,a través dos Cursos da Programación Anual.
- Actividades de interese e actualidade política: dirixidas a facilitar información e formación ós afiliados sobre cuestións que remarque o debate social e político circunstancial. Estas actividades terán preferentemente a forma de xornadas ou ciclos de conferencias monográficos.
- Escola de Verán do PSdeG: a Escola acollerá cada ano a celebración da Escola de Verán do PSdeG-PSOE, como instrtumento de dinamización política e cultural da Organización.
- Actividades de Formación que demanden as distintas Areas da Comisión Executiva Nacional Galega.
Modelo de Formación
Os afiliados xa poden contar co modelo de formación on-line que ofrece a Fundación Jaime Vera. Sin que iso impida que a Fundación Francisco Fernández desenvolva materiais propios para seren introducidos nela ou xestionados de maneira autónoma, o noso modelo preferente de formación terá, alomenos polo momento, carácter presencial.
A modalidade de formación presencial ten a ventaxa de que, gracias ó contacto directo entre o profesor e os alumnos e mesmo deles entre sí, podan xurdir na práctica pedagóxica múltiples matices, máis adaptados á circunstancia peculiar de cada quén.
A modalidade presencial tamén facilita que xurda un debate menos condicionado e encorsetado, tanto sobre os materiais e prácticas pedagóxicas como acerca da súa aplicación práctica entre os afiliados e as súas agrupacións. Esta é unha cuestión de interés crucial na formación política.
Ademáis do dito, e dado este tipo de docencia que vimos de expoñer, o número de participantes en cada actividade terá que ser forzosamente reducido: non máis de vinte persoas por curso. Inicialmente partimos da dispoñibilidade de instalacións e profesorado para a celebración dun só curso por día. No caso de estas dispoñibilidades de ampliasen, tamén se ampliaría o número de cursos. Si hai exceso de demanda daráselle preferencia ós solicitantes que teñan encomendadas responsabilidades organizativas e de representación política.
Áreas formativas
As primeiras áreas formativas que desenvolverá a Escola, en colaboración coa Fundación Jaime Vera, de cuxa experiencia docente disporemos para a súa primeira implementación, serán as seguintes:
1. Organización e dinamizacion electoral.
- Formación de formadores/as.
- Acción Electoral: o desenvolvemento orgánico.
- Acción Electoral: o contexto social.
2. Habilidades sociais e directivas.
- Área de Comunicación.
- Falando en público.
- Falando nos medios.
- Imaxen e voz nas tarefas de comunicación.
- Comunicación política.
- Gabinetes de comunicación.
- Área Institucional.
- Protocolo.
- Gabinetes.
- Área de Dirección
- Planificación estratéxica e dirección participativa.
- Técnicas de negociación.
- Coaching: liderazgo e o traballo en equipo.
- Dirección eficaz: habilidades do líder político
3. Xestión pública.
- Básico municipal.
- Monográficos municipais:
- A Dirección Económica do Concello: o Orzamento.
- Recursos Europeos para a acción municipal.
- Urbanismo e vivenda.
- Promoción económica: comercio e industria.
- Promoción cultural.
- Desenvolvemento sostible e xestión ambiental.
- Migracións e cambios poboacionais.
- A exclusión social.
4. A Agrupación Local.
- O planeamento do traballo por obxectivos.
- A formación de grupos de traballo por temas.
- Actividades orgánicas de interés social:
- Calidade de vida no entorno.
- Promoción do asociacionismo veciñal.
- Grupos sociais (xóvenes, mulleres, infancia, …)
- Presencia pública.
- A sede: centro de referencia social.
Calendario de actividades
Inicialmente, os cursos terán unha duración de sete horas, catro en quenda de mañán e outras tres na de tarde, e impartiranse os sábados, segundo un calendario anual que se lle comunicará ás agrupacións e ós afiliados con antelación.
As instalacións e o número de formadores dispoñibles, poden permitir que se celebren máis de un curso simultáneamente, facilitando a ampliación do abano de actividades.
O período anual de actividades da Escola irá de xaneiro a xuño.
En setembro-octubro celebraráse a Escola de Verán.
Entre octubro-novembro a Escola realizará labores de programación e de formación de formadores para o período formativo inmediato, e procederá a abrir o plazo de inscripción dos afiliados que queiran participar nos cursos programados.








