Escasez de medios de loita contra a fraude fiscal

Escasez de medios de loita contra a fraude fiscal

Escasez de medios de loita contra a fraude fiscal

Juan Carlos González SantínO portavoz de Facenda do Grupo Socialista, Juan Carlos González Santín, deu hoxe a voz de alarma diante dos escasos recursos de loita contra a fraude fiscal de que dispón a Axencia Tributaria de Galicia –Atriga- fronte ao aumento da fraude e da economía somerxida, que vén de aumentar un 30 por cento dende a crise económica.

Así o dixo na comparecencia do director da Atriga que tivo lugar hoxe na Comisión de Economía do Parlamento, na que explicou que Galicia apenas conta con un traballador da Axencia para cada 6.700 habitantes, moi por debaixo da media estatal, que de por si xa contaba coa metade de inspectores que países do entorno comunitario. España ten un 1 traballador por cada 2.000 habitantes, Francia 1 para cada 860 e Alemaña 1 para 729.

Esta situación provoca que os medios galegos estean moi por debaixo de autonomías do seu entorno, xa que destinan apenas 4,94 euros por habitante, fronte aos 12,33 euros por habitante de que dispón o ente público encargado dos servizos tributarios de Asturias.

Alertou da situación desta axencia nun contexto de aumento da fraude fiscal, que supera á de España mentres o CIS advirte que o 94,8 por cento da poboación considera que “si hai fraude fiscal e o goberno fai pouco ou moi pouco para combatelo”. Mentres, a economía somerxida supón xa o 25 por cento do PIB, do cal dúas terceiras partes corresponden á fraude fiscal e unha terceira parte a fraude laboral.

O goberno galego responde a esta situación, advertiu, escamoteándolle ao Parlamento información sobre a labor inspectora da Atriga, mentres os poucos datos sobre a loita contra a fraude fiscal que transcenden ofrecen dúbidas sobre a súa validez.

Recadación

González Santín destacou a redución prevista na recadación por parte da Atriga, que malia un aumento no ano 2014, para 2015 prevé diminuír os ingresos nun 13 por cento, coincidindo coa redución do 15 por cento na revisión do IBI, que afecta aos tributos por sucesións e doazóns e de transmisións patrimoniais.

O deputado socialista lembrou ademais que o IRPF e o IVE non afectan á axencia galega xa que son xestionados pola axencia tributaria estatal, e lembrou que “vimos demandando un maior esforzo na recadación de certas rendas ou patrimonios de maior cantidade” que deberan ver incrementados os tipos para incrementar a redistribución da renda.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar