Escapismo e rendición de Feijóo diante da venda de NGB

Escapismo e rendición de Feijóo diante da venda de NGB

Escapismo e rendición de Feijóo diante da venda de NGB

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, denunciou hoxe o “escapismo”  e “rendición” de Feijóo diante da venda de NGB logo de ter liderado a fusión das entidades galegas que rematou nun “estrepitoso fracaso”. Lamentou que o goberno galego “non exerce a defensa dos intereses de Galicia” ao permanecer “absolutamente calado” diante do proceso de venda.

 

Acusou a Feijóo de exercer un “silencio cómplice” no proceso que comezou coa venda da unidade segregada EVO Banco a un fondo de investimentos especulativo norteamericano e que comezou cunha “redución salarial fortísima” para os traballadores. Advertiu que “nos tememos que esta vai ser a secuencia da venda de NGB” enunciou unha ofensiva de iniciativas parlamentarias para “saber a posición do goberno galego nun proceso que ten tódolos visos de prexudicar os intereses de toda Galicia”.

 

O responsable socialista esixiulle ao goberno galego que fale co FROB, dependente do Ministerio de Economía, para esgotar o prazo máximo para a venda da entidade, que remata en 2017 de acordo co Memorándum de Entendemento presentado en Bruxelas. Ademais, reclamou que a entidade sexa considerada “sistémica” para Galicia, o que garantiría o mantemento dos centros de decisión na Comunidade Autónoma.

 

Dixo que o goberno galego non está a valorar esta posibilidade que permitiría trasladar crédito ás familias e ás empresas galegas, e denunciou o desleixo de Feijóo diante do peche de oficinas, a redución salarial dos traballadores, a exclusión financeira de concellos rurais galegos, a desaparición da obra social ou o peche radical de crédito.

 

Criticou o “proceso escurantista” encetado dende o goberno central coa conivencia de Feijóo, que a día de hoxe “non ofreceu información sobre o que vai facer”, e que chega ao estremo de que “non sabemos si o criterio do FROB é favorable á venda a fondos especulativos ou a entidades españolas”.

 

Sinala que a situación evidencia a “rendición do goberno de Galicia aos intereses do goberno de España e á súa imaxe diante de Bruxelas” encetando estratexias que benefician exclusivamente ao PP, ao Ministerio de Economía e ao FROB en prexuízo dos galegos e das galegas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar