"Enésimo bandazo" de Feijóo ao anunciar unha Comisión de Investigación 21 horas despois de votar en contra dela

"Enésimo bandazo" de Feijóo ao anunciar unha Comisión de Investigación 21 horas despois de votar en contra dela

"Enésimo bandazo" de Feijóo ao anunciar unha Comisión de Investigación 21 horas despois de votar en contra dela

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, dixo hoxe que a constitución dunha Comisión de Investigación sobre as caixas en xullo, tal e como foi anunciado hoxe por Feijóo, constitúe o seu “enésimo bandazo”. En declaracións aos medios, lembrou que o propio presidente da Xunta votara hai tan só 21 horas en contra da Comisión cando fora proposta polos socialistas galegos.

 

Losada sinalou que “a oposición e a cidadanía somos quén de dobrarlle o xeonllo a Feijóo e obrigarlle a asumir algo que o conxunto de Galicia estaba demandando”. Engadiu que o presidente da Xunta “non foi capaz de paralizar esta Comisión de Investigación para a que desde logo pensamos que hai razóns obxectivas”.

 

Explicou que a obsesión de Feijóo e do PP de frear esta Comisión de Investigación deriva de que o presidente da Xunta “é testemuña de cargo dunha fusión fracasada e que lle ten enorme custe aos galegos e galegas”, amosando unha imaxe de Feijóo, Gayoso e Mauro Varela brindando pola fusión das caixas.

 

Truco

 

O responsable socialista esixiulle ao presidente da Xunta e ao PP “que non haxa truco nin departamento de publicidade e propaganda” no anuncio de hoxe, xa que a propia petición de constitución da Comisión presentada polo Grupo Popular “preocupa moito” ao desmentir o anuncio de Feijóo.

 

Explicou que mentres o presidente da Xunta comprometeu hoxe a creación do órgano no mes de xullo, o PP adíao ata o final do proceso de recapitalización das entidades, previsto para setembro. Advertiu que “estaremos vixilantes de que nos bandazos e titubeos de Feijóo non haxa de novo truco para intentar enganar á oposición e aos cidadáns de Galicia”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar