Enérxica condena ante o asasinato dunha xoven en Noia presuntamente a mans da sua ex parella

Enérxica condena ante o asasinato dunha xoven en Noia presuntamente a mans da sua ex parella

Enérxica condena ante o asasinato dunha xoven en Noia presuntamente a mans da sua ex parella

A secretaria de Igualdade do PSdeG, Laura Seara, expresou en nome dos socialistas galegos a máis enérxica condena e absoluto rexeitamento ante o asasinato dunha xoven de 19 anos en Noia, presuntamente a mans da súa ex parella.

Seara manifestou que, ante o que parece un novo caso de violencia de xénero, “dende o PSdeG queremos expresar o noso rexeitamento profundo a esta “lacra social” que lamentablemente seguen padecendo moitas mulleres”.

A expensas do resultado da investigación sobre este asasinato, Seara fixo un chamamento á implicación de toda a sociedade contra a violencia de xénero, e lembrou que “coa unión de todos e todas é máis doado loitar contra esta lacra que afecta a todas as mulleres, e que neste caso custoulle a vida a unha moza de tan só 19 anos”.

Fixo neste senso unha petición expresa á sociedade “para que denuncien os casos de maltrato” porque a responsabilidade non pode recaer soamente nas vítimas “senón que pasa pola unión de todos e todas para axudalas”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar