Endurecemento das incompatibilidades dos cargos públicos e un maior control sobre o custo final das obras públicas

Endurecemento das incompatibilidades dos cargos públicos e un maior control sobre o custo final das obras públicas

Endurecemento das incompatibilidades dos cargos públicos e un maior control sobre o custo final das obras públicas

Marisol Soneira solicita que se amplíe a información sobre as autorizacións concedidas para previr casos como os de Gustavo de Arístegui e Pedro Gómez de la Serna

A Coordinadora de Área Institucional do Grupo Socialista, Marisol Soneira, reclamou hoxe no pleno do Parlamento o endurecemento das incompatibilidades dos cargos públicos galegos. Así o dixo no debate do ditame da Lei de Transparencia e Bo Goberno, que saíu adiante con 11 das emendas presentadas polos socialistas galegos.

Malia recoñecer o grao de acordo co partido maioritario, a deputada socialista puxo o acento sobre diversas emendas socialistas que non foron incluídas na Lei e que permitirían prever a reprodución en Galicia de casos como os dos deputados do PP Gustavo de Arístegui e Pedro Gómez de la Serna, de actualidade por cobrar asesoramento ao tempo que ocupaban cargos públicos.

A deputada socialista reclamaba a través destas emendas que o goberno faga públicas de oficio as resolucións de autorización ou recoñecemento de compatibilidade que afecten aos empregados públicos. Chamou ademais a un acordo para fixar criterios que endurezan a “porta xiratoria” entre a actividade pública e privada e prever que os altos cargos favorezan a determinados intereses “para preparar o seu futuro”.

Os socialistas galegos tamén reclamaron maior publicidade sobre a cesión de contratos e subcontratacións das empresas adxudicatarias para evitar o fraccionamento ad infinitum da obra pública, provocando unha imparable perda de calidade e o deterioro das condicións laborais dos traballadores que finalmente a executan.

Ademais esixiu un maior control sobre as modificacións dos proxectos que multiplican os custes finais das obras, e puxo como exemplo a Cidade da Cultura, o Hospital de Vigo ou a Autovía da Costa da Morte. Dixo que esta práctica, ademais do despilfarro intolerable de diñeiro público, resulta inxusto para as empresas que perderon o concurso ao que se presentaron cunhas condicións diferentes das que finalmente se aceptaron.

Os socialistas galegos reclamaron tamén que o goberno galego faga pública “a relación de convenios, subvencións e gasto en publicidade nos medios de comunicación” para coñecer “qué hai realmente detrás da portada dun medio de comunicación”. Soneira puntualizou que “non cuestionamos a quén apoian, pero queremos que a cidadanía coñeza o que hai detrás dos medios de comunicación”. 

psdeg

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar