Endurecemento das incompatibilidades de altos cargos

Endurecemento das incompatibilidades de altos cargos

Endurecemento das incompatibilidades de altos cargos

Marisol SoneiraA coordinadora da Área Institucional do Grupo Socialista, Marisol Soneira, reclamou hoxe o endurecemento das incompatibilidades dos cargos públicos galegos. Así o dixo no debate en Comisión do ditame da Lei de Transparencia e Bo Goberno, que quedou pendente para o seu debate final en Pleno incorporando 11 das 25 emendas presentadas polos socialistas galegos.

Malia recoñecer o amplo grao de acordo co partido maioritario, a deputada socialista puxo o acento sobre diversas emendas socialistas aínda pendentes que permitirían prever a reprodución en Galicia de casos como os dos deputados do PP Gustavo de Arístegui e Pedro Gómez de la Serna, de actualidade por cobrar asesoramento ao tempo que ocupaban cargos públicos.

A deputada socialista reclama a través destas emendas que o goberno faga públicas de oficio as resolucións de autorización ou recoñecemento de compatibilidade que afecten aos empregados públicos. Chamou ademais a un acordo para fixar criterios que endurezan a “porta xiratoria” entre a actividade pública e privada e prever que os altos cargos favorezan a determinados intereses “para preparar o seu futuro”.

Os socialistas galegos tamén reclamaron maior publicidade sobre a cesión de contratos e subcontratacións das empresas adxudicatarias para evitar o fraccionamento ad infinitum da obra pública, provocando unha imparable perda de calidade e o deterioro das condicións laborais dos traballadores que finalmente a executan.

Ademais esixiu un maior control sobre as modificacións dos proxectos que multiplican os custes finais das obras, e puxo como exemplo a Cidade da Cultura, o Hospital de Vigo ou a Autovía da Costa da Morte. Dixo que esta práctica, ademais do despilfarro intolerable de diñeiro público, resulta inxusto para as empresas que perderon o concurso ao que se presentaron cunhas condicións diferentes das que finalmente se aceptaron.

Propaganda

Os socialistas galegos reclamaron tamén que o goberno galego faga pública “a relación de convenios, subvencións e gasto en publicidade nos medios de comunicación” para coñecer “qué hai realmente detrás da portada dun medio de comunicación”. Soneira puntualizou que “non cuestionamos a quén apoian, pero queremos que a cidadanía coñeza o que hai detrás dos medios de comunicación”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar