Endogamia entre Xunta e Prosem, empresa investigada por presunta fraude nos cursos de formación

Endogamia entre Xunta e Prosem, empresa investigada por presunta fraude nos cursos de formación

Endogamia entre Xunta e Prosem, empresa investigada por presunta fraude nos cursos de formación

Marisol SoneiraA deputada socialista Marisol Soneira denunciou “endogamia” entre a Xunta de Galicia e a empresa de Lalín Prosem, investigada por fraude en cursos de formación. A responsable socialista presentou unha pregunta oral na Comisión Institucional do Parlamento na que advertiu dos vencellos que teñen os traballadores e responsables da empresa co PP, Novas Xeracións ou o Concello da Estrada.

Preguntou se a actual directora xeral de Xuventude e Voluntariado formou parte previamente da plantilla daquela empresa, “pasando de prestar asistencia técnica a dirixir precisamente aquilo sobre o que estaba asesorando”, sen obter ningún tipo de resposta por parte do Goberno galego.

Salientou que esta “pequena empresa dunha pequena vila galega” teña sido “tratada estremadamente ben” polos gobernos do PP, acadando contratos en Madrid, Valencia, Estremadura, e por suposto no goberno galego.

Despiste

Salientou ironicamente o “despiste” na inspección e os controis do goberno galego coa actuación irregular desta empresa, que “como mínimo supón unha neglixencia gravísima”. O xulgado está a investigar agora a celebración de cursos ficticios que os propios alumnos descoñecían, a pesares de ter certificada a súa asistencia, e con profesores impartindo clase “en dous sitios distintos os mesmos días e ás mesmas horas”.

Sorprendentemente, dixo, estas irregularidades non foron detectadas polo goberno galego, e preguntou “cómo é que a Consellería de Traballo e Benestar carece de instrumentos para detectar estas irregularidades”. Un caso semellante, dixo, ao que sucedeu coa Operación Zeta, que tivo que ser denunciada por unha traballadora, e que hoxe está bloqueada á espera dun informe da Axencia Tributaria.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar