Encoméndanlle as súas novas estruturas orgánicas a denfensa dos cidadáns e a resolución dos seus problemas fronte ós ataques de Feijóo

Encoméndanlle as súas novas estruturas orgánicas a denfensa dos cidadáns e a resolución dos seus problemas fronte ós ataques de Feijóo

Encoméndanlle as súas novas estruturas orgánicas a denfensa dos cidadáns e a resolución dos seus problemas fronte ós ataques de Feijóo

Emprazan mañá a Feijóo a que se pronuncie sobre o recurso sobre o copago e sobre a creación dunha comisión de investigación sobre as caixas

Pablo García, nunha rolda de prensa para dar conta dos acordos tomados pola Executiva do PSdeG-PSOE, trasladou o cariño e os desexos de pronta recuperación para a compañeira Carmela Silva e deu por zanxada a súa situación de incompatibilidade, unha vez que anunciou a súa renuncia á acta de deputada

Os socialistas manifestaron a súa ledicia polo sobreseimento da causa aberta ao seu presidente, López Orozco, en relación coa Operación Campeón

O PSdeG-PSOE finaliza o 21 de xullo o seu proceso de renovación orgánica coa constitución do Comité Nacional. Este órgano aprobará o calendario de primarias e a creación do Consello Nacional de Política Municipal

Os socialistas celebrarán o 25 de xullo en Rianxo

O Secretario de Organización do PSdeG-PSOE, Pablo García, avanzou que Feijóo deberá mañá, na Deputación Permanente, responder “sen marear a perdiz” a dúas cuestións que preocupan de xeito especial a Galicia e que se inclúen dentro da proposición socialista de realización dun pleno extraordinario.

A primeira das cuestións é se Feijóo quere que os xubilados paguen os medicamentos. Os socialistas propoñen a celebración dun pleno que inclúa o recurso de inconstitucionalidade do Real Decreto 16/2012 polo que se impuxo o copago dos medicamentos.

A segundo requirimento que se fai a Feijóo é que se pronuncie a favor ou en contra da creación dunha comisión de investigación sobre o proceso de desaparición das caixas para converterse en NovaGalicia Banco e o pagamento de indemnizacións millonarias aos seus directivos.

Pablo García tamén explicou unha serie de acordos e resolucións de carácter orgánico aprobadas hoxe. A Comisión Executiva Nacional Galega do PSdeG-PSOE viviu a xuntanza desta tarde con dous sentimentos enfrontados. Por unha parte, o Secretario de Organización foi mandatado a trasladar o cariño da dirección socialista e o desexo de que Carmela Silva “supere este difícil momento persoal que está vivindo”.

Pablo García definiu á política viguesa como unha persoa “imprescindible no traballo polo proxecto socialista” e afirmou que “o que queremos é que se volva a incorporar canto antes”. O Secretario de Organización dou por zanxado o proceso de incompatibilidade de Carmela Silva, unha vez que esta xa lle comunicou á dirección do partido a súa renuncia á acta de deputada.

Por outro lado, tamén foi o Secretario de Organización o encargado de manifestar a alegría polo sobreseimento da causa aberta contra o Presidente da propia Executiva e alcalde de Lugo, José Clemente López Orozco, dentro do chamado Caso Campeón. “Hoxe quedou claro que o compañeiro Orozco non tiña nada que ver nesa denuncia e estivo pagando as consecuencias dunha imputación que non tiña ningún viso de realidade”.

Ademais a CENG do PSdeG-PSOE acordou relevar a Francisco Caamaño, elixido recentemente Secretario Xeral Provincial da Coruña, do cargo de Coordinador da Área Política, Ideas e Programas, por José Luís Méndez Romeu, que se incorpora así a Permanente da Executiva dos Socialistas Galegos.

O Secretario de Organización do PSdeG-PSOE recordou que coa constitución do vindeiro 21 de xullo do Comité Nacional culmina “o proceso de renovación orgánica que comezamos en Sevilla”. Este mesmo Comité aprobará o calendario de primarias para a elección do candidato ou candidata á presidencia da Xunta de Galicia.

O responsable da estrutura orgánica dos socialistas galegos manifestou a súa satisfacción por ter rematado con un proceso levado a cabo con “transparencia e democracia” xa que unha vez rematado “poderemos dedicar o 100% dos nosos esforzos os problemas dos galegos e das galegas”. Encomendou a estas novas estruturas a manterse pegadas a cidadanía que sufre “o problema do paro, a falta de crédito, a parálise industrial, os afectados das preferentes, o copago farmacéutico, os peches de colexios, as taxas universitarias, a suba de impostos, a dependencia, os incendios forestais, que estes últimos teñen un gran aliado na política forestal da Xunta de Galicia”, afirmou.

Tamén se someterá a aprobación do Comité Nacional a creación do Consello Nacional de Política Municipal, un órgano consultivo “moi necesario ante os ataques que sofren os concellos deste país por parte dos gobernos de Feijóo e de Rajoy”.

Por último, a Comisión Executiva aprobou convocar aos socialistas galegos en Rianxo o vindeiro 25 de xullo para, como é tradicional neste partido, celebrar alí o Día de Galicia.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar