En 2011 ardeu 4 veces máis que o pasado ano debido ao abandono da política de prevención de incendios da Xunta

En 2011 ardeu 4 veces máis que o pasado ano debido ao abandono da política de prevención de incendios da Xunta

En 2011 ardeu 4 veces máis que o pasado ano debido ao abandono da política de prevención de incendios da Xunta

A portavoz de Medio Rural do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Sonia Verdes, denunciou que no que vai de 2011 arderon en Galicia mais de 2.600 hectáreas, catro veces máis que as 700 dos catro primeiros meses de 2010. Así o dixo no debate dunha Pregunta oral na Comisión de Agricultura sobre o abandono da política de prevención e extinción de incendios da Xunta.

Verdes acusou á Xunta de non ter posto en marcha “ningún traballo en materia de prevención, ningún proxecto en marcha de silvicultura e prevención, ningún novo proxecto nos distritos e ningún convenio asinado para a colaboración cos concellos nesta materia”. Criticou que ademais de suprimir os convenios para a protección de núcleos recortaron nun 40 por cento a dotación para desbroces preventivos en vías e camiños.

A responsable socialista dixo que a día de hoxe non hai un só quilómetro desbrozado dos 40.000 nos que a Xunta anuncia que vai actuar. Advertiu que non hai “nin unha soa hectárea tratada, cun 10 por cento da superficie arrasada en Laza sementada de palla pero non gastaron un só euro para a rexeneración das mais de 14.500 hectáreas que calcinaron os lumes o ano pasado”.

Brigadistas

A conclusión, explicou, é que en catro meses as lapas arrasaron mais de 2.600 hectáreas, un 91 por cento en Ourense, e o conselleiro “anda a reorganizar as brigadas e ten esperando a 148 brigadistas para realizar labores de prevención e incorporarse ao dispositivo” e que “tampouco terán a tempo ¡roupa ignífuga” por un “erro administrativo”.

Sinalou que mentres estes brigadistas carecen de equipamento “non se trabucan para renovar cada ano os traxes dos choferes do nutrido parque de citröens da Xunta de Galicia, mentres os audis permanecen agochados en San Caetano”. Dixo que “non pode ser que cando abandonaron por completo as políticas de xestión forestal e de prevención de incendios continúen con que a culpa é dos incendiarios.

Recortes

Esixiu un “cambio na política forestal, de ordenación forestal, de xestión forestal e de prevención de incendios, que reclaman as organizacións de propietarios, as comunidades de montes, a cadea monte – industria, as empresas do sector e os axentes implicados”.

Criticou que a Xunta ten recortado as partidas para disuasión e prevención, os puntos de vixilancia e suprimiron as brigadas de investigación, con recortes de mais de 24 millóns de euros para ordenación forestal, prevención de incendios, silvicultura e repoboacións preventivas. Denunciou o “afogamento das Uxfor”, o recorte de 800.000 euros na colaboración cos concellos, e 28 millóns no programa de ordenación forestal.

Verdes sinalou que á Xunta “non lle importan os 2 millóns de hectáreas de monte de Galicia, non lle importan as mais de 600.000 ha de monte veciñal cando afogan e recortan as axudas ás comunidades de montes”. Dixo que “non lle importan as pequenas empresas do sector onde destruíron 5.000 empregos directos.

Bande

Verdes esixiu á Xunta responsabilidades políticas pola queima no concello de Bande que provocou un incendio que arrasou mais de 600 hectáreas e que fora autorizada pola Consellería “a instancias dos cazadores e non dos propietarios”. Esixiu unha explicación porque “as queimas somentes se permiten en condicións especiais, con fins preventivos, apoiadas nun plan técnico e sempre coordinadas con plans de pastoreo”.

Reclamou ao conselleiro que “resposte, compense aos propietarios pola irreparable perda, xa que supoño que terán un seguro de cobertura para este tipo de danos, e comprométase a restaurar a zona que arrasaron, publique a orde de repoboación que levan dous anos sen renovar, e deixe de enganar aos propietarios porque con enganos foi co que foron a Bande, e despois váianse para a súa casa e descansen”, ironizou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar