Emilio Vázquez toma posesión como deputado do Parlamento de Galicia

Emilio Vázquez toma posesión como deputado do Parlamento de Galicia

Emilio Vázquez toma posesión como deputado do Parlamento de Galicia

O Pleno do Parlamento de Galicia acolleu esta mañá a toma de posesión de Emilio Vázquez Blanco como deputado do PSdeG-PSOE pola circunscrición electoral da Coruña. Substitúe a Francisco Caamaño Domínguez.

Emilio Vázquez Blanco naceu en 1981 e é licenciado en Ciencias Políticas e da Administración pola Universidade de Santiago de Compostela. Máster en “Márketing Político: Estratexias e Comunicación Política” da USC.

Na actualidade é vicesecretario xeral do PSdeG-PSOE provincial da Coruña. Coordinou diversas campañas electorais do PSOE na provincia da Coruña. Foi asesor do Grupo Socialista na Deputación da Coruña (2011-2013), asesor do Gabinete de Presidencia da Deputación da Coruña (2008-2011) e traballou no departamento de Protocolo da Xunta de Galicia (2006). Tamén desenvolveu tarefas de consultoría en diferentes empresas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar