Elaboran na Escola de verán as recetas para o crecemento, o emprego e a defensa dos servizos públicos

Elaboran na Escola de verán as recetas para o crecemento, o emprego e a defensa dos servizos públicos

Elaboran na Escola de verán as recetas para o crecemento, o emprego e a defensa dos servizos públicos

Abel Losada explicou que “neste contexto de recortes no ámbito público é fundamental pasar desta dinámica a unha dinámica de crecemento”

Enrique Negueruela afirmou que “aos mellores expedientes universitarios darémoslle a opción dunha beca de investigación, en vez dunha maleta como fixo Feijoo”

Miguel Ángel Fernández asegurou que Galicia “foi o banco de probas do goberno en canto aos recortes sanitarios”

Xaquín Fernández resaltou a importancia da educación “como factor de progreso e cohesión social”

A escola quedará clausurada mañá por Pachi Vázquez

Os socialistas trataron esta tarde na escola de verán, que se celebra en Sigüeiro, no centro cultural, as propostas para o crecemento e o emprego e a defensa dos servizos públicos. Estas medidas estarán incluídas no programa electoral dos socialistas galegos para a próxima campaña electoral. A duración da escola é de tres días e comezou onte con un taller de redes sociais e unha ponencia sobre o compromiso das mulleres coa igualdade.

Na tarde de hoxe, os socialistas comezaron coas ponencias “un novo modelo de crecemento” e “a prioridade: crear emprego”. A continuación, tiveron lugar as charlas sobre a defensa da sanidade pública e o ensino público e de calidade.

O portavoz do Grupo Parlamentario, Abel Losada, comezou a tarde explicando que “neste contexto de recortes no ámbito público é fundamental pasar desta dinámica a unha dinámica de crecemento”.

Losada deixou claro aos asistentes que a dereita “opta por unha estratexia ortodoxa de recortes caiga quen caiga”. “Fronte a iso os socialistas plantexamos incrementar a recadación fiscal daqueles que teñen máis capacidade de pago e brindar iso contra os servizos públicos”, asegurou.

Pola súa parte, o Secretario de Economía da Executiva Nacional Galega, Enrique Negueruela, explicou que os socialistas “vincularán a promoción económica coas políticas de emprego para relanzar o emprendemento individual e colectivo e aos mellores expedientes universitarios darémoslle a opción dunha beca de investigación en vez dunha maleta como fixo Feijoo”.

Ademais, asegurou que “en vez de eliminar as políticas de emprego como fixo o PP, nos restableceremos os pactos territoriais como elemento de dinamización do emprego en Galicia e como eixo vertebrado de toda a nosa política de emprego”.

En canto a defensa dos servizos públicos, o deputado socialista Miguel Ángel Fernández aclarou que o inicio dos recortes en sanidade non foron inaugurados por Rajoy, senón por Feijoo “cos recortes asistenciais, recortes no plan de atención integral á muller, no plan de coidados paulatinos e na redución de orzamentos”. Ademais, explicou que Galicia “foi o banco de probas do goberno en canto aos recortes sanitarios”.

Por último, o deputado do PSdeG-PSOE, Xaquín Fernández, resaltou a importancia da educación “como factor de progreso e cohesión social” e explicou “ a necesidade de inverter en educación para solventar os retos da crise”.

A Escola de Verán 2012, quedará clausurada mañá as 12.00 horas polo Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez. Ademais, previamente á intervención do dirixente socialista, celebrarase a última das ponencias sobre a reforma das administracións, coas intervencións do deputado José Luis Méndez, o vicepresidente da Fegamp, Alfredo García, e o Secretario Municipal de Guitiriz, Manuel Jove.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar