Eivas nos centros educativos de Ordes

Eivas nos centros educativos de Ordes

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Vicente Docasar, levou á Comisión de Educación celebrada hoxe unha iniciativa parlamentaria a petición das diferentes ANPAS de Ordes en relación a diversas eivas dos centros educativos desa localidade coruñesa. Criticou que a “a falla de recursos humanos e materiais” destes centros ordenses pode poñer en perigo o acceso a uns servizos públicos de calidade. O deputado socialista reclamoulle en concreto ao goberno galego a separación dos alumnos de quinto e sexto de Primaria do CEIP “Mesón do Vento”, hoxe agrupados nun só curso “xusto nun momento en que o alumnado de sexto ten que afrontar unha reválida na parte final do curso”. Tamén reclamou Vicente Docasar frear o recorte de profesorado sufrido no IES “Maruxa Mallo” nos últimos anos, adaptar a súa plantilla ás necesidades reais dos tempos de hoxe e mellorar a ventilación e confortabilidade dunhas aulas francamente moi masificadas,

unha demanda que a comunidade educativa deste instituto ordense leva moito tempo pedindo. Docasar sinalou que estas propostas “non son grandes investimentos, senón pequenas necesidades que poden e deben ser atendidas”, e lembrou que as demandas da comunidade educativa foron recollidas nun acordo unánime do Pleno do Concello a raíz dunha iniciativa presentada polo grupo municipal socialista. Explicou que a situación destes centros é unha proba máis precisamente das consecuencias da “grande chapuza” provocada por un goberno empeñado en impoñer de forma acelerada a Lomce. Criticou ademais a xestión “caótica e precipitada na elaboración das programacións didácticas” e da política de libros de texto, e por seguir adiante cunhas “políticas austericidas” que poñen en risco a equidade do propio sistema educativo, a salvo tan só polo empeño persoal dos profesionais do ensino.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar