Eivas de material e equipamentos no IES Milladoiro

Eivas de material e equipamentos no IES Milladoiro

Eivas de material e equipamentos no IES Milladoiro

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Vicente Docasar, esixiulle hoxe ao goberno galego a mellora do equipamento do IES do Milladoiro, posto en marcha no curso 2013-14 e que aínda arrastra carencias denunciadas pola comunidade educativa. Docasar levou a situación deste centro que atende á zona mais poboada de Ames, con 14.000 habitantes, á Comisión de Educación.

O responsable socialista lembrou que “hai orzamento e diñeiro” para que o centro poida recibir os equipamentos didácticos dos que a día de hoxe carece, así como o material informático que necesita e que se lle teñen sido negados por falla de cartos. Sinalou que “si é certo, como din, que a crise quedou atrás logo ten chegado o momento de subsanar estas eibas”.

Criticou a “falla de previsión” demostrada polo goberno galego neste centro, que vai mais alá das “comprensibles carencias propias dun centro de nova creación”, con problemas nos accesos ou o peche da pista deportiva. Reclamou que a Xunta cumpra coas promesas de mellora das instalacións realizadas grazas ao “efecto balsámico das eleccións municipais”.

Docasar explicou que tanto a comunidade educativa –o profesorado, a Anpa e mesmo os estudantes- como o Grupo Socialista teñen trasladado as necesidades deste centro, especialmente con relación ás carencias de persoal docente, equipamento didáctico escaso e limitado, acondicionamento do exterior ou o peche da pista polideportiva, que imposibilita “calquera tipo de actividade cando as condicións climatolóxicas son adversas”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar