Eivas de horarios, persoal e servizos na liña atlántica de alta velocidade

Eivas de horarios, persoal e servizos na liña atlántica de alta velocidade

Eivas de horarios, persoal e servizos na liña atlántica de alta velocidade

A deputada socialista Carmen Gallego presentou no Parlamento unha serie de iniciativas nas que alerta das eivas de horarios, persoal e servizos na liña atlántica de alta velocidade recentemente posta en marcha. A responsable socialista esíxelle á Xunta que lle reclame ao Goberno a mellora do servizo e as posibles modificacións de horarios e tarifas.

Gallego alerta dos “claramente insuficientes horarios e frecuencias” dos trens, postos en marcha por exemplo sen ningunha conexión ás oito da mañá, e “o último tren rápido entre Vigo e A Coruña é as 19,30 h., e en sentido contrario non hai ningún entre as seis da tarde e as nove da noite. Ningunha das estacións contan con trens a partir das nove –Vigo- e as nove e media –A Coruña-.

Considera “pouco comprensible que a nova oferta ferroviaria soamente mellore nun 4 por cento ao percorrido de quilómetros realizados con anterioridade, cando agora existe dobre vía na totalidade dos tramos entre Vigo e A Coruña, e mesmo redúcense as viaxes completas entre as dúas cidades.

Sinala que a estación de Urzáiz que ven de ser estreada “evidencia unha escaseza de persoal”, con tan só dous operarios na venda de billetes para atenderao público, venda inmediata e anticipada de billetes, atender incidencias ou dar información, o que “provoca longas colas e que os pasaxeiros e pasaxeiras suban ao tren sen billete”. Ademais, carece dos servizos mínimos de cafetería ou prensa que a converten nunha “estación baleira”.

Dificultades de mobilidade

Gallego advirte ademais que os novos trens postos en servizo “non están adaptados para as persoas con dificultades de mobilidade”. Sinala que “sorprendentemente, os usuarios do ferrocarril supostamente mais moderno atopámonos de novo cunha mostra de discriminación incomprensible e intolerable xa entrado o século XXI”.

32641281A

Artigos relacionados

1 Comentarios

  1. José Antonio
    Abril 28, 2015 a 09:43

    Hola, sabendo que a deputada Carme Gallego, presentou no parlamento iniciativas sobre a liña Coruña- Vigo, recén inagurada, quixera suxerir outra cuestión relacionada co ferrocarril en Galicia e a conexión con Portugal.
    Non hai coodinación nos horarios entre o tren Celta que vén de Porto Campanha a Vigo e a conexión co resto de Galicia. Semella que para os de RENFE todos os que chegan de Porto se quedan en Vigo e non seguen ata Santiago ou Coruña.
    Pedimos que axeiten os horarios entre Porto- Vigo e Vigo co resto de Galicia.
    Quen escribe esto, ten que ir esperar, desde Santiago a Vigo a un familiar que chega de Porto ás 22,30 da noite porque non hai conexión co resto de Galicia ata o día seguinte, co incordio e gasto que iste supón.
    Agardo que teña en consideración esta queixa e faga saber aos de RENFE este problema.
    Gracias. Un saúdo.

Deixar a resposta

Pechar