Educación, sanidade e emprego, primeiras iniciativas parlamentarias do Grupo Socialista

Educación, sanidade e emprego, primeiras iniciativas parlamentarias do Grupo Socialista

Educación, sanidade e emprego, primeiras iniciativas parlamentarias do Grupo Socialista

O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia presentou as primeiras iniciativas parlamentarias da X Lexislatura, inaugurada onte, poñendo o foco na defensa do ensino e a sanidade públicos e de calidade e o emprego. Logo da constitución do Grupo Parlamentario, o próximo luns terá lugar unha xuntanza para acordar o reparto de áreas.

As iniciativas parlamentarias presentadas en primeira instancia teñen como orixe os compromisos electorais acadados polos socialistas galegos e os encontros que mantiveron ata a data cos diferentes colectivos sociais.

Así, unha das primeiras iniciativas parlamentarias centrarase na solicitude de paralización das probas de reválida previstas na “ineficaz e inasumible” Lomce, como paso previo á súa derrogación efectiva e coa vista posta nas mobilizacións da próxima semana. Así foi comprometido polos socialistas galegos nun encontro esta mesma semana coa Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia.

Os socialistas galegos tamén poñen o foco na problemática sanitaria logo de oito anos de recortes, paralizacións e privatizacións do goberno de Feijóo, e reclaman así a implantación dos servizos de hemodinámica 24 horas e radioterapia no Hospital de Lugo, a recuperación de Cirurxía Pediátrica en Ourense ou a ampliación do Hospital de Pontevedra.

Entre as preocupacións dos socialistas tamén está a construción dos centros de saúde paralizados polo goberno de Feijóo, como os de Mariñamansa, O Vinteún e de Ribadavia en Ourense ou o de Vilagarcía de Arousa, pola súa banda obxecto de cadansúa iniciativa parlamentaria.

Emprego

Derivado de diversos encontros co Comité de Empresa de Ferroatlántica en Cee e da representación sindical de UGT en diversas empresas da comarca de A Coruña, para presentar a súa problemática laboral, os socialistas presentan ademais diversas iniciativas reclamando a implicación do goberno galego para paralizar o proceso de diversificación e venda de Ferroatlántica, que afecta ás instalacións da factoría en Cee e A Coruña.

Ademais, reclaman que o goberno galego garanta o mantemento dos postos de traballo no centro de Extel en A Coruña, deixando sen efecto o ERE posto en marcha polas compañías de atención telefónica.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar