Educación fixa as reválidas na Semana das Letras Galegas

Educación fixa as reválidas na Semana das Letras Galegas

Educación fixa as reválidas na Semana das Letras Galegas

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Vicente Docasar, denunciou hoxe a “falla de respecto” demostrada pola Consellería de Educación pola comunidade educativa ao fixar a data da reválida de sexto de Primaria “xustamente nos días en que os centros organizan a Semana das Letras Galegas”.

O responsable socialista fíxose eco do malestar da comunidade educativa fronte á xestión desta proba por parte do goberno galego “a présa e correndo” os días 11, 12 e 13 de maio e sen informar coa necesaria antelación aos responsables dos centros educativos. Lamentou a “falla absoluta de respecto contra o profesorado dos 800 centros públicos e privados e os 22.000 alumnos afectados por estas probas”.

O departamento de Educación do Goberno galego obriga aos centros “modificar sobre a marcha” todas as actividades planificadas para aquela semana. Docasar lembra que a comunidade educativa xa reclamara o ano pasado que o anuncio fora comunicado “coa suficiente antelación para organizar as actividades académicas e culturais dos centros na parte final do curso”.

O responsable socialista reclamoulle ao presidente da Xunta e ao seu conselleiro de Educación o adiamento da aplicación en Galicia da Lomce e das súa reválidas, “tal e como está a pedir o conxunto da comunidade educativa galega” e como avalou o Congreso dos Deputados o pasado 5 de abril.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar