Educación debe explicar no Parlamento "caso por caso" o peche de centros

Educación debe explicar no Parlamento "caso por caso" o peche de centros

Educación debe explicar no Parlamento “caso por caso” o peche de centros

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Luis Álvarez, esixiulle hoxe ao conselleiro de Educación que acuda ao Parlamento a explicar e xustificar “caso por caso” o peche e reorganización de centros. Estes foron anunciados o último día lectivo, nunha decisión “sen precedentes” que afecta a Outes, As Pontes, Ribadavia e Porriño.

O responsable socialista lembra a solicitude de comparecencia presentada a semana pasada, xunto coa interpelación dos socialistas que provocará que “non poida evitar vir ao Parlamento a explicarse”. Ademais, presentou hoxe unha proposición non de Lei para reivindicar que a redefinición do sistema de centros sexa consensuada coa comunidade educativa e que garanta a igualdade de oportunidades educativas de toda a poboación.

Álvarez reclamoulle ao conselleiro que “garanta que estes serán os únicos casos” de alteración do mapa de centros, e engadiu que “non vai ser capaz porque mentiría en sede parlamentaria”. Remitiuse á comparecencia en sede parlamentaria da semana pasada, cando o conselleiro evitou responderlle ao portavoz socialista sobre a modificación da rede de centros, nun “caso crónico de cobardía política”.

Improvisación e escurantismo

Censurou a xestión dunha Consellería na que rexen “a improvisación e o escurantismo” á hora de decidir peches de centros “segundo aparecen” as oportunidades, sen o menor atisbo de planificación ou criterio. Puntualizou que “é posible que a rede de centros deba ser modificada, pero é un asunto de país que esixe a máxima cautela” ante o risco de deixar poboacións con menos oportunidades educativas, sinaladamente no rural.

Advertiu que a rede “non pode ser deseñada cun criterio cartesiano” xa que as zonas con menos poboación merecen idénticas oportunidades educativas que no medio urbano, polo que, dixo, “deben ser protexidos especialmente”. Por iso reivindicou a proposta socialista presentada hoxe que, sinalou, é “acertada, e responde a un modelo de oposición prudente, propositiva e construtiva”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar