Dotar a Galicia cunha lei que regule a publicidade institucional poñendo fin “ao despilfarro en propaganda”.

Dotar a Galicia cunha lei que regule a publicidade institucional poñendo fin “ao despilfarro en propaganda”.

Dotar a Galicia cunha lei que regule a publicidade institucional poñendo fin “ao despilfarro en propaganda”.

Lage Tuñas: “o PP quere seguir mantendo unha relación feudal cos medios de comunicación, por iso se opoñen a facer transparentes as axudas públicas á prensa”.

Os socialistas apostan por introducir criterios obxectivos na adxudicación de recursos públicos ás empresas de comunicación co obxecto de dar carpetazo á discreccionalidade no reparto de fondos"

O Portavoz da Área Institucional do PSdeG defendeu hoxe unha moción no pleno do Parlamento para demandar do goberno galego que envíe “un proxecto de lei de publicidade institucional” que foi rexeitada polo PP

Os socialistas apostan por introducir no texto normativo a limitación dos actos institucionais en período electoral, regulando o uso da publicidade

Lage Tuñas defendeu tamén que “a futura lei deberá obrigar a facer públicos os contratos de publicidade por parte das administracións públicas, introducindo a transparencia nas relacións entre os medios de comunicación e os poderes públicos”

”Están utilizando fondos públicos para darse autobombo, e fano usando de forma discrecional a sinatura de convenios coas empresas de comunicación”

O portavoz da Área Institucional do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, José Manuel Lage defendeu no pleno do parlamento de Galicia unha Moción demandando que o goberno remita un proxecto de Lei de Publicidade Institucional de Galicia. A proposta foi rexeitada polo PP evidenciando que os compromisos de Feijóo e Rueda “son papel mollado”.

Lage Tuñas entende que “o PP quere seguir mantendo unha relación feudal cos medios de comunicación, por iso se opoñen a facer transparentes as axudas públicas á prensa”.
O deputado do PSdeG demandou no Parlamento a regulación da Publicidade Institucional “para garantir a transparencia e as boas prácticas na actividade publicitaria do conxunto das administracións públicas galegas, con especial incidencia na Xunta de Galicia”.

O portavoz da área Institucional do Grupo Socialista defendeu introducir por primeira vez nunha lexislación de ámbeto galego “garantías no período electoral, introducindo limitacións claras á realización de actos institucionais en época electoral”.

Avogou porque na futura lei se recollen expresamente limitacións e prohibicións durante as campañas electorais de todos aqueles actos “que supoñan a manifestación pública de presentacións, inauguracións e outros eventos similares, de proxectos, realizacións ou resultados por parte dos gobernos das diferentes administracións”.

Lage Tuñas entende que a lei de publicidade institucional “deberá obrigar ás administracións públicas a ser plenamente transparentes na contratación da publicidade electoral e no uso dos recursos públicos, co fin de evitar un uso partidario das institucións”.

O deputado do PSdeG ve “imprescindible” regular as axudas aos medios de comunicación social “con criterios obxectivos e favorecendo a transparencia informativa” e “co obxectivo de erradicar prácticas opacas e discrecionais no manexo de fondos públicos”. Dixo que “a difusión ou audiencia así como a estabilidade laboral, entre outros, son algúns dos criterios que os socialistas galegos propoñen para a regulación das axudas aos medios”.

Transparencia nos concellos e deputacións

Dende o PSdeG apostan por introducir na futura lei “a obriga de remitir ao Parlamento cada catro meses a relación de contratos, axudas, subvencións e convenios”.

Os socialistas galegos tamén consideran necesario que a norma afecte á Administración local e así propoñen que “as administracións locais de Galicia tamén teñan que publicar nas súas web oficiais a adxudicación dos contratos de publicidade institucional que celebre calquera órgano, entidade ou sociedade mercantil dependente das mesmas cunha periodicidade cuadrimestral, salvo os que celebren as administracións locais galegas de menos de 20.000 habitantes que serán publicados na súa totalidade unha vez ao ano”.

“Vemos necesario que a normativa que regule as axudas aos medios de comunicación social, axencias ou empresas do sector publicitario tamén incorpore ás administracións locais de Galicia que estarán obrigadas a dar conta da axudas e subvencións aos medios de comunicación con transparencia e coa publicación correspondente nos sitios web oficiais”.

Lage Tuñas destacou que “o conxunto das administracións públicas galegas deberán de remitir á futura Comisión de Publicidade Institucional de Galicia unha memoria anual dando conta das campañas realizadas durante o ano natural, con reflexo dos concursos convocados e das adxudicacións feitas, así como das axudas á difusión da información institucional e os criterios seguidos para a mesma”.

Punto e final

Lage Tuñas chamou a "poñer punto final a un sistema viciado na actualidade onde o goberno de quenda non se rexe por criterios obxectivos e transparentes”. Advertiu que “o PP non pasou hoxe a proba do algodón” rexeitando esta iniciativa, o que evidencia que “as promesas e compromisos adquiridos primeiro polo Sr. Feijóo no debate de investidura e despois polo Sr. Rueda en sede parlamentaria quedaron en papel mollado".

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar