"Doma e castración do Parlamento de Galicia" por Feijóo

"Doma e castración do Parlamento de Galicia" por Feijóo

"Doma e castración do Parlamento de Galicia" por Feijóo

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, denunciou a estratexia do presidente da Xunta para a “doma e castración do Parlamento de Galicia. O responsable socialista lembrou o título do libro do historiador do século XVI Xerónimo Zurita sobre a “Doma e castración do Reino de Galicia” polos Reis Católicos para denunciar o “atentado contra a calidade da democracia” polo presidente da Xunta.

Considerou que as actuacións de Feijóo están claramente dirixidas a “limitar os dereitos dos deputados e dos cidadáns que representan”. Referiuse así á limitación da entrada do público ao Parlamento para “impedir visibilizar as consecuencias das políticas da dereita”, ou á proposta de reducir o número de deputados para “utilizar a escusa da crise para acadar impunidade e dar a imaxe de que o control do goberno é prescindible”.

A ofensiva do presidente da Xunta contra a Cámara autonómica continúa, sinalou Losada, ao converter as sesións de control ao presidente en sesións de control á oposición, e reclamoulle á presidenta da Cámara que chame á cuestión ao presidente da Xunta diante das reiteradas apelacións á situación interna dos grupos parlamentarios.

O último exemplo desta estratexia, explicou, foi a resposta do goberno galego á solicitude dos contratos da Xunta co narcotraficante amigo de Feijóo Marcial Dorado, na que o goberno galego apela á “ampla información” ofrecida polo secretario xeral técnico de Sanidade nunha comparecencia en Comisión parlamentaria.

Amparo

Losada lembrou que os socialistas galegos reclamaron “documentación e non discursos baleiros de contido” por parte dun alto cargo do goberno galego que “non deu ningunha información”. O portavoz socialista reclamou o amparo da presidenta do Parlamento e advertiu que do contrario “tomaremos as vías xudiciais que correspondan”.

Reclamoulle así a Pilar Rojo que asuma o seu papel de árbitro e non de “presidenta do grupo do PP ou embaixadora plenipotenciaria do goberno galego na Cámara autonómica”. Dixo que “chove sobre mollado” porque son “moitas” as solicitudes formais de información que a Xunta se nega a responder, entre elas a auditoría sobre a fusión das caixas ou os supostos contratos con Pemex para construír floteis nos estaleiros galegos.

Criticou que o presidente da Xunta tenta desesperadamente de “ocultar información” ao Parlamento, o que quere converter no “segundo plató da TVG” para emitir a información do seu interese coa colaboración dos medios públicos de comunicación.

Instou a Feijóo a que dea conta da súa “xestión política e económica nefasta” e asuma responsabilidades polas súas “amizades perigosas” co narcotraficante, mais alá dos “titubeos, falsidades e contradicións manifestas” nas que ten incorrido ata agora.

Control ao goberno

O responsable socialista sinalou que o líder socialista, Pachi Vázquez, preguntaralle ao presidente da Xunta polos problemas de financiamento das infraestruturas sanitarias comprometidas por Feijóo, o que demostra a súa “nefasta xestión” á fronte da Xunta. Lembrou que logo da proliferación de anuncios de hospitais e centros de saúde, hoxe as instalacións están “paralizadas”.

Lamentou a “colaboración inestimable” dalgúns medios de comunicación no proceso de “deterioro da calidade democrática” logo de que hoxe sexa publicado que Galicia ten perdido mais de 5.000 empregos públicos cando a realidade é que, segundo a EPA, a cifra elévase aos 23.500 entre 2009 e 2013.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar