Dolores Rodríguez Amoroso e Luís Piña novos deputados no Parlamento de Galicia

Dolores Rodríguez Amoroso e Luís Piña novos deputados no Parlamento de Galicia

Dolores Rodríguez Amoroso e Luís Piña novos deputados no Parlamento de Galicia

O grupo Parlamentario Socialista incorpora dúas caras novas, tralas elección do 20N, Rodríguez Amoroso e Luis Piña.

A moza lucense Dolores Rodríguez Amoroso substitúe no Parlamento ao escano de Ricardo Varela, que pasa a ser senador pola provincia de Lugo tralas eleccións. A vacante de Varela na Mesa da Cámara Galega será ocupado polo veterano deputado coruñés Francisco Cerviño.

Tamén se incorpora ao Grupo Parlamentario Socialista o pontevedrés Luis Piña, que ocupou un escano no Congreso dos Deputados ata as eleccións do 20N. Piña substitúe a Guillermo Meijon que obtivo escano no Congreso dos Deputados pola provincia de Pontevedra.

CV-Dolores Rodríguez Amoroso

Natural de Lugo. Nada no ano 1978.
Licenciada en Dereito pola Universidade da Coruña. Experta en Dereito Urbanístico.
Avogada pertencente ao Colexio de Avogados da Coruña.

Asesora de Relacións Instiitucionais da Delegación do Goberno en Galicia dende o 2009 ata a actualidade.
Foi Sª Xeral das Xuventudes Socialistas de Galicia dende o 2005 ata 2009 e Presidenta do Consello da Xuventude de Galicia, organismo autónomo da Xunta de Galicia, dende o ano 2004 ao 2009 .
Foi elixida membro da Comisión Executiva Nacional Galega do PSdeG-PSOE no Congreso Extraordinario de Ourense(1998-2000).Fundadora da asociación estudantil IESGA. Foi representante de estudantes na UDC, donde foi membro do Consello de Goberno da Universidade da Coruña e do Consello Social da Universidade da Coruña. Foi a Sª de Política Universitaria da Comisión Executiva Federal das Juventudes Socialistas de España. Membro do Consello Escolar de Galicia e do Consello Galego de Medio Ambiente. É experta en asociacionismo e mocidade, e xénero.

CV-Luis Antonio Gómez Piña

Naceu en 1969 en Lisboa (Portugal) .
Esta casado en ten dous fillos.
Ten Estudios de Política e Economía.

Deputado nas Cortes Xerais na pasada lexislatura pola provincia de Pontevedra.
Foi concelleiro na Cañiza (Pontevedra) dende o ano 1991 e Portavoz do Grupo Municipal Socialista. Tamén foi Secretario Xeral da comarca de O Condado e A Paradanta (2001-2009). Actualmente é Secretario de Organización do PSdeG-PSOE na provincia de Pontevedra. Substitúe no Parlamento Galego ao deputado pontevedrés Guillermo Meijon que saíu elixido na lista do Congreso dos Deputados por esta provincia.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar