Docasar reclámalle ao Goberno galego a ampliación do Conservatorio de Música de Vigo

Docasar reclámalle ao Goberno galego a ampliación do Conservatorio de Música de Vigo

Docasar reclámalle ao Goberno galego a ampliación do Conservatorio de Música de Vigo

Vicente Docasar aproveita a súa iniciativa parlamentaria en defensa da ampliación do Conservatorio de Música de Vigo para denunciar tamén a redución do 80 por cento nas achegas da Xunta para escolas municipais de música nos últimos cinco anos de Goberno de Feijóo

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Vicente Docasar, reclamoulle hoxe á Xunta que amplíe o Conservatorio de Música de Vigo. No debate dunha pregunta oral na Comisión de Educación, advertiu que mentres o centro tivo que rexeitar 120 solicitudes de alumnos por falla de espazo, a Xunta ten reducido ao mesmo tempo as achegas para as escolas municipais de música nun 80 por cento.

O responsable socialista sinalou que o centro de Vigo pasou en tres anos de ter 150 alumnos a ter 647, ten 42 aulas cando a realidade é que precisaría 15 mais para poder atender a actual demanda, e no que traballan 67 profesores.

Ademais, salientou que malia que aumentou a súa oferta en 42 prazas, a realidade é que no curso actual deixou sen atender 120 solicitudes de alumnos e outras 13 de persoas que quixeron acceder ao grao profesional por falla de espazo.

Vicente Docasar reclamoulle ao goberno galego que amplíe o centro para atender as necesidades da cidade de Vigo e o seu ámbito de influenza ou ben que contemple “a extensión deste Conservatorio Profesional en horario vespertino nalgún dos centros educativos públicos da cidade mentres non se aborde a ampliación do centro actual”.

Redución orzamentaria

Acusou ao goberno galego de “non apostar por estes estudos diminuíndo as achegas da Xunta aos concellos para as escolas municipais de música un 80 por cento nos últimos cinco anos”, dentro dun recorte global á educación de 400 millóns en cinco anos. Subliñou que “esa non é a maneira, donas e cabaleiros do PP, salvo que pretendan dicirlle á sociedade aquilo tan manido de o que queira música que a pague”.

Reclamoulle ao goberno galego polo tanto que apoie un centro que “grazas ao entusiasta traballo e implicación do seu profesorado e alumnado, ten acadado neste tempo un alto grao de calidade e recoñecemento social”. Engade que chega ao punto de “terse convertido nun dos centros galegos que mais músicos aportan a orquestras de grande prestixio nacional e internacional, e que conta con dúas orquestras e dúas bandas propias”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar