Docasar reclama unha moratoria para elaborar as novas programacións didácticas de secundaria e Bacharelato

Docasar reclama unha moratoria para elaborar as novas programacións didácticas de secundaria e Bacharelato

Docasar reclama unha moratoria para elaborar as novas programacións didácticas de secundaria e Bacharelato

Vicente DocasarO portavoz de Educación do Grupo Socialista, Vicente Docasar, reclamoulle hoxe á Xunta a aplicación dunha moratoria para que o profesorado galego de secundaria e bacharelato poida elaborar “con tranquilidade” as novas programacións didácticas derivadas do “atropelado calendario de implantación da Lomce”.

Docasar presentou unha pregunta oral na Comisión de Educación na que advirte que “o segundo curso da Era Lomce está en marcha con mais defectos e problemas dos que xa denunciaramos o ano anterior”. A “premura e improvisación” que demostra o goberno galego, dixo, está a provocar numerosos problemas e un “profundo malestar” nos centros que o goberno galego ten a “obriga de resolver”.

Reclamoulle ao goberno galego que remita “de maneira inmediata” as correspondentes instrucións vía Inspección Educativa para “intentar arranxar ese lamentable asunto, froito da imposición dun calendario de implantación da Lomce temerario e inasumible para a comunidade educativa galega”, pois é moi evidente que este tema está disgustando profundamente aos claustros de profesores. “Pídolles, Sr Corredoira, que escoiten as lexitimas demandas do profesorado”, reclamou Vicente Docasar.

FP Básica

Neste sentido, esixiu os “recursos necesarios” para a posta en marcha da FP Básica, que foi implantada o curso pasado “sen que os centros recibiran nin un só euro pra gastos de funcionamento nin para equipamento didáctico dos talleres ou para as obras necesarias de adaptación de espazos”.

A esta situación xa de por si caótica únese o “limbo legal no que deixaron aos estudantes que están actualmente matriculados no segundo curso da FP Básica”, que ata 2017 non poderán acadar o seu título para acceder aos estudos de bacharelato, pola aplicación precipitada en Galicia do Decreto 127/2014.

Explicou que a propia Lomce establece que as reválidas para obter o título de Graduado de ESO só estarán implantadas en 2017, e os alumnos da FP Básica terán que agardar ata entón sen poder continuar coa súa formación no bacharelato.

Grande chapuza

Vicente Docasar criticou asemade que o PP e o goberno galego sigan “erre que erre” falando dun inicio de curso totalmente normal facendo caso omiso ás críticas das anpas, do profesorado, os equipos, directivos dos centros e os propios sindicatos do ensino. Criticou que “esquecen intencionadamente a grande chapuza que montaron coa xestión dos libros de texto, as carencias de persoal ou a “implantación temeraria” dos decretos de secundaria e bacharelato, deixando aos centros e ao profesorado aos "pés dos cabalos".

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar