Docasar esíxelle a Educación que solucione "xa" o "desaguisado" provocado pola anulación parcial do seu concurso de traslados de persoal docente

Docasar esíxelle a Educación que solucione "xa" o "desaguisado" provocado pola anulación parcial do seu concurso de traslados de persoal docente

Docasar esíxelle a Educación que solucione "xa" o "desaguisado" provocado pola anulación parcial do seu concurso de traslados de persoal docente

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Vicente Docasar, esixiulle hoxe ao conselleiro de Educación que solucione “xa” o “desaguisado xurídico” provocado pola Xunta ao cambiar unilateralmente os baremos do último concurso de traslados de persoal docente, que derivou na súa anulación parcial polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O responsable socialista advertiu que esta resolución xudicial suporá un “efecto dominó en todo o sistema educativo galego” a dous meses de que comece o novo curso “por ser soberbios e non escoitar a ninguén”. Ademais dos 9.000 profesores que participaron, e dos que 1.500 obtiveron destino definitivo, afecta ás súas familias, aos concursos de provisionais ou ás comisións de servizo.

Docasar reclamou a comparecencia urxente do conselleiro para dar conta deste “berenxenal”, que lles pida publicamente desculpas aos milleiros de afectados e que “sexa valente e coherente”, e que non se agoche detrás dun Director Xeral para dar explicacións e decidir si ten que dimitir ou non.

Reclamoulles ao conselleiro e ao presidente da Xunta que “apliquen a mesma vara de medir que nos estarían esixindo a nós si estiveran na oposición e decidan en consecuencia ”.

O deputado socialista esixiulle ao presidente da Xunta e ao conselleiro de Educación que “pensen a onde os leva tanta soberbia e tanta borracheira de poder, instalados no altar da súa maioría absoluta que confunden coa verdade absoluta desprezando as suxestións de todos os demais ”.

Lembrou que o goberno galego podería ter evitado este “tsunami no funcionamento do sistema educativo galego” de ter escoitado as chamadas de atención “enviadas pola comunidade educativa afectada e mesmo por min”.

Explicou que o pasado 21 de febreiro el mesmo recibiu aos afectados, levou o asunto ao Parlamento por primeira vez o 26 de marzo e a Xunta publicou de maneira apresurada o concurso definitivo o 1 de abril, cousa que nunca antes se fixera con tanta celeridade nos últimos 20 anos, que eu lembre , remarcou Vicente Docasar.

Dende entón, dixo, o goberno galego ninguneou tódalas chamadas de atención feitas polos socialistas galegos demandando “buscar unha solución antes de que pasara o que agora pasou”. Dende o primeiro momento, dixo, “era mais que evidente que se estaban comportando cunha enorme irresponsabilidade e insensatez, e que estaban metendo na inseguridade xurídica ao conxunto dos docentes galegos”.

Esta era a conclusión esperada do cambio das regras de xogo do concurso de traslados equiparando o baremo de interinos e funcionarios de carreira, cambiando os criterios de tódolos concursos anteriores e vulnerando polo camiño o decreto estatal que regula os baremos e que é obrigatorio para tódalas comunidades autónomas, incluída Galicia.

Ademais de ocasionar importantes divisións entre o colectivo do profesorado, dixo, a modificación provocou milleiros de protestas dos profesores e profesoras afectados, recursos contencioso – administrativas, denuncias admitidas a trámite polo Valedor do Pobo e a entrega de sinaturas na propia Consellería de Educación e que rematou coa anulación parcial do concurso.

En definitiva, dixo, unha chapuza xurídica provocada “pola soberbia dun goberno borracho de poder, instalado no altar da súa maioría absoluta e que non escoita absolutamente a ninguén”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar