Docasar cualifica ao conselleiro de Educación de “recadeiro necesario do ministro Wert” pola aplicación da Lomce en Galicia

Docasar cualifica ao conselleiro de Educación de “recadeiro necesario do ministro Wert” pola aplicación da Lomce en Galicia

Docasar cualifica ao conselleiro de Educación de “recadeiro necesario do ministro Wert” pola aplicación da Lomce en Galicia

O portavoz de Educación sinala que “non se pode ser mais insensatos e serviles” ao claudicar das competencias de Galicia en materia educativa para asumir a Lei estatal

Acusa ao goberno de impoñer un calendario de implantación da Lei “inasumible, caótico, insensato, precipitado e chapuceiro”

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Vicente Docasar, dixo que o conselleiro de Educación actúa como “recadeiro necesario do ministro Wert” ao aplicar a Lomce en Galicia. Nunha comparecencia no Pleno do Parlamento, cualificou ao conselleiro de “insensato e servil” por claudicar das competencias propias de Galicia en materia de educación.

Docasar acusou ao goberno galego de ceder diante do goberno central para aplicar unha norma “ditada pola conferencia episcopal e pola Fundación Faes”. Advertiu que a norma que nace “sen consenso parlamentario, nin consenso social, unha Lei sen apoio sindical, feita sen contar co profesorado, sen apoio das asociacións de nais e pais e sen apoio dos sindicatos de estudantes” e polo tanto “con data de caducidade”.

Lembroulle ao goberno galego que “ter as competencias educativas e ter goberno de seu debera ser algo moito mais serio”. Vicente Docasar criticou neste sentido que “ser unha comunidade histórica e contentarse con traducir ao galego o currículo de Ceuta e Melilla non me parece presentable”, e acusou á Xunta de traballar “como unha sucursal do goberno de España en Galicia”.

Criticou que o goberno galego vai “no sentido contrario” ás necesidades do ensino público, que “necesitaba e segue necesitando unha Lei que proporcione estabilidade ao sistema educativo”. Iso, explicou, “pasaba necesariamente por desexar e propiciar un consenso educativo, pois só a estabilidade sería quen de conseguir unha mellora real na nosa educación”.

Inconstitucional

O responsable socialista advertiu que, con esta perspectiva, a norma “durará o que dure a actual maioría absoluta do PP”, e que se enfronta agora mesmo aos socialistas a través das “canles legais que temos á nosa disposición”. Aludiu así ao recurso de inconstitucionalidade presentado polos socialistas contra esta norma o pasado mes de marzo.

Criticou que o PP queira converter aos consellos escolares “en meros floreiros consultivos” mentres “mangonean na elección das direccións destes centros” para garantir un novo “nicho de emprego para militantes e simpatizantes” do PP. Advertiu que con esta norma “serán os cargos orgánicos do PP os que decidan quén debe ser ou non director dun colexio ou dun instituto” para telos “domesticados e sen capacidade de rechistar”.

Lembrou que a Lei tamén resulta inconstitucional ao habilitar os concertos con centros que presten educación segregada por sexos, o tratamento da relixión, a separación do alumnado por itinerarios na educación secundaria ou a admisión e selección do alumnado a partir do seu rendemento.

Calendario e financiamento

Vicente Docasar criticou ademais que o goberno queira impoñer un calendario de implantación da Lei “inasumible, caótico, insensato, precipitado e chapuceiro” que porá á comunidade educativa “nunha situación imposible de xestionar”. Dixo que “non parece nada razoable que ao inicio do próximo curso vexan afectados catro cursos, seis en 2015 e outros 3 en 2016, sen ter en conta a aplicación da FP.

Finalmente, criticou que o financiamento “tampouco está nada claro á vista do que estamos a saber nos últimos días, agardamos que paguen a reforma educativa con euros e non con bitcoins”, ironizou, ao coincidir cunha “oleada de recortes masivos no noso sistema educativo”.

Lembrou que Feijóo ten acumulado mais de 400 millóns de euros de recortes dende a súa chegada ao goberno galego, “o que mostra ás claras que para vostedes a educación non é unha prioridade”. Estes recortes provocan, explicou, que “temos menos cartos para gastos de funcionamento os nosos centros e non se repoñen materiais didácticos”, con cada vez menos cartos para obras de mantemento e para facer novas infraestruturas.

Acusouno de ter deteriorado as condicións dos profesionais da educación, levando a que hoxe haxa 1.225 profesores menos nos colexios e institutos, mentres centos deles piden a xubilación cada mes de agosto.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar