Docasar critica que os orzamentos de Educación constitúen o “quinto ataque consecutivo de Feijóo ao ensino público, á cultura e á lingua de Galicia”

Docasar critica que os orzamentos de Educación constitúen o “quinto ataque consecutivo de Feijóo ao ensino público, á  cultura e á lingua de Galicia”

Docasar critica que os orzamentos de Educación constitúen o “quinto ataque consecutivo de Feijóo ao ensino público, á cultura e á lingua de Galicia”

O parlamentario socialista considera as contas de educación en 2014 como un novo ataque, e sería o quinto, dirixido a “cambiar o modelo de servizo público esencial ”, castigando a docentes, alumnado, familias con menos recursos, á cultura e á lingua de Galicia.

Vicente DocasarO portavoz de Educación do Grupo Socialista, Vicente Docasar, criticou que os orzamentos da Consellería de Educación para o ano 2014 constitúen “o quinto ataque consecutivo de Feijóo ao ensino público, a cultura e a lingua de Galicia”. Así o dixo na comparecencia do conselleiro de Educación en Cultura na Comisión de Orzamentos do Parlamento.

O responsable socialista lembrou que Feijóo leva recortados máis de 400 millóns de euros no orzamento desta Consellería dende o momento en que asumiu a presidencia da Xunta, en 2009, 20 millóns de euros menos con relación aos orzamentos de 2013. Docasar advertiu que o PP está a utilizar a crise como escusa para “facer aquilo que levaban anos desexando facer : destrozar o modelo dos servizos públicos esenciais que tanto tempo levou construír”.

Considerou “unha broma de mal gusto” unhas contas que cada ano recortan a calidade do sistema educativo e da cultura galega coa “falacia de facer mais con menos, cando a realidade é que con menos faise menos”. Dixo que “para nós a defensa os servizos públicos esenciais constitúe unha prioridade irrenunciable” . Se é para iso poden contar con nós, pero “se seguen polo camiño emprendido, teñen que saber que nos terán enfrente ”.

Docasar citou así os recortes drásticos nas condicións laborais e salariais dos traballadores e traballadoras do ensino ou a redución de bolsas para os alumnos “que teñen que abandonar os seus estudos universitarios por falta de medios”. Lembrou a situación dos centros educativos sen fondos para asumir os gastos de funcionamento ou repoñer equipamentos obsoletos, ou os centros do rural con serias dificultades para acceder a internet cunhas mínimas garantías.

Ademais, lembrou aos rapaces que carecen de medios para comprar libros de texto e material escolar, ou as familias do rural que teñen que pagar polo comedor escolar e que “agora vense obrigadas a mandar aos seus fillos e fillas cun “tupper” ou bocadillo ás escolas e institutos.

Xubilación anticipada

Dixo ademais que a xestión do PP está a facer insoportable a situación laboral do profesorado do sistema educativo público, un colectivo “básico para o bo funcionamento de calquera sistema educativo”. Denunciou que en lugar de mellorar as súas condicións “seguen castigándoos”, o que provocou que mais de mil profesores e profesoras pediran a xubilación anticipada en agosto, unha situación que vaticinou será peor o próximo ano.

Vicente Docasar reclamou “un marco normativo estable para que os nosos profesionais poidan traballar en paz”, e criticou que o PP teña presentado unha Lei educativa, a Lomce, “seguindo só os ditados da Faes, das patronais do ensino privado e da conferencia episcopal”, e obviando o sentir maioritario da Comunidade Educativa

O portavoz socialista de Educación censurou hoxe a “asfixia económica” que o goberno de Feijóo está a provocar na universidade galega, que dende 2009 perdeu o 15 por cento do seu orzamento “a pesares das continuas promesas da Xunta”, co obxectivo de “facer unha Universidade á que só teñan posibilidade de chegar as elites”.

Ademais, dende a chegada do PP á Xunta en 2009 “a cultura e a lingua do noso país recibiu 350 millóns de euros menos”, e lembrou que mentres Fraga dedicaba 17 millóns de euros á lingua galega, o goberno de Feijóo reduciu estas achegas ata 5,4 millóns de euros, sete veces menos”. Dixo que “non é a crise, é a particular loita do PP contra a lingua e a cultura de Galicia o único que explica esta insostible e manifesta humillación”.

Lembrou que, ademais, “as cifras da cultura galega nos orzamentos para o ano 2014 van precedidas do símbolo menos, menos para a conservación do patrimonio, para a edición, para a música ou para as actividades culturais, é dicir, menos traballo e menos cultura”.

En relación ao ensino non universitario, dixo que “non podemos compartir que un ano mais os orzamentos dos centros de infantil, primaria, secundaria, bacharelato e formación profesional volvan baixar” sumando un recorte de 270 millóns de euros “nestes cinco anos de “revolución silenciosa dos gobernos do señor Feijóo”., e

Advertiu que os recortes teñen castigado especialmente ao alumnado con menos recursos beneficiarios da gratuidade dos libros de texto aplicada polo goberno socialista. Criticou que “cambiaron un sistema que funcionaba, que chegaba á totalidade do alumnado e que ademais era mais barato por outro mais pomposo, mais caro e que deixa iradas a milleiros de familias” con rapaces que “van sen libros á clase porque non os teñen”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar