Docasar comparan a Wert e ao conselleiro de educación co cuco por presumir dos resultados da LOE mentres impulsan a LOMCE

Docasar comparan a Wert e ao conselleiro de educación co cuco por presumir dos resultados da LOE mentres impulsan a LOMCE

Docasar comparan a Wert e ao conselleiro de educación co cuco por presumir dos resultados da LOE mentres impulsan a LOMCE

O portavoz de Educación advirte que Galicia é a única comunidade do norte fora do ranking das mellores, logo de 25 anos de goberno do PP

Salienta o mérito dos profesores e profesoras de Galicia que “fixeron posible unha moderada melloría na calidade educativa” a pesares dos recortes de Feijóo

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Vicente Docasar, comparou hoxe aos responsables de educación dos gobernos central e autonómico co comportamento do cuco por “aproveitarse do traballo feito por outros”. Así o dixo logo de que tanto Wert como Vázquez presumiran do “moderado avance” reflectido no informe Pisa de calidade educativa.

O responsable socialista lembrou esta especie de paxaro que pon os seus ovos nos niños doutras especies para advertir que o PP impón a LOMCE vilipendiando a LOE para agora presumir dunha mellora na calidade do sistema educativo en base á Lei do goberno de Zapatero.

Advertiu que “Galicia non aparece no ranking dos mellores” logo de que o PP gobernara durante 25 dos últimos 30 anos, mentres outras comunidades do norte si que ocupan lugares destacados, como País Vasco, Navarra, Asturias, Aragón, Castela – León ou A Rioxa. Dixo que “en educación non existe a maxia e sobran as pócimas e as ocorrencias do ministro Wert e os seus cómplices necesarios nalgunhas comunidades autónomas”.

Sinalou que Galicia ocupa a décima posición en competencia matemática, a quinta en competencia científica e a sexta en comprensión lectora, dun total de 14 comunidades autónomas. Puntualizou que o sistema educativo “mellora cando ten estabilidade, cando se apoia aos profesores e profesoras e cando se poñen á súa disposición os recursos necesarios para desenvolver o seu labor con dignidade”.

Engadiu ademais que malia unha mellora moderada, as “políticas austericidas” do PP están a poñer en perigo os niveis de equidade cos que contaba o ensino de España, cunha “política de bolsas sectaria”, incrementando a diferenza de rendemento entre os alumnos en función das súas diferentes condicións sociais e familiares.

Profesores e profesoras

Vicente Docasar amosou hoxe “un claro recoñecemento aos profesores e profesoras deste país, que son os que fixeron posible esta moderada melloría, son eles e elas os que merecen as loubanzas e non os señores Vázquez, Wert ou Feijóo”. Salientou o seu traballo “a pesares dos recortes e do deterioro que veñen sufrindo nas súas condicións laborais e profesionais nos últimos anos”.

Dixo que “son eles e elas os únicos protagonistas a pesares de que a educación galega ten perdido mais de 400 millóns de euros nos últimos cinco anos e conta con 1.200 profesores menos, segundo as cifras oficiais da propia Consellería”. Apuntou que esta tendencia continúa nos orzamentos de 2014, nos que a Xunta recorta 20 millóns de euros nos presupostos de Educación.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar