Docasar advirte que a “lamentable ineficiencia” do Goberno galego dificulta o acceso dos alumnos aos libros de texto tal e como veñen denunciando as Anpas nos últimos meses

Docasar advirte que a “lamentable ineficiencia” do Goberno galego dificulta o acceso dos alumnos aos libros de texto tal e como veñen denunciando as Anpas nos últimos meses

Docasar advirte que a “lamentable ineficiencia” do Goberno galego dificulta o acceso dos alumnos aos libros de texto tal e como veñen denunciando as Anpas nos últimos meses

Vicente Docasar advirte que o deber da Xunta é “evitar que nin un só estudante galego de ensino obrigatorio poida quedar sen libros por falla de recursos económicos”

Advirte que o modelo de gratuidade do goberno socialista custaba 80 millóns de euros fronte aos 200 que custa a “gratuidade solidaria” de Feijóo

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Vicente Docasar, advertiu hoxe que a “lamentable ineficiencia” amosada polo goberno galego está a dificultar o acceso dos alumnos galegos aos libros de texto. Así o dixo no debate dunha pregunta oral sobre o modelo de gratuidade dos libros de texto na Comisión de Educación do Parlamento.

Docasar sinalou que o informe da Defensora del Pueblo sobre o modelo de gratuidade dos libros de texto evidencia que o sistema implantado polo goberno socialista resulta “mais xusto e mesmo mais eficiente economicamente que o actual sistema de gratuidade solidaria” de Feijóo. Segundo este informe, o único no que se demostra eficiente este modelo é á hora de trasladarlle un maior custe ás familias.

O responsable socialista sinala que, de acordo con este organismo, presidido pola ex deputada e ministra do PP Soledad Becerril, o modelo do goberno socialista custaba 80 millóns de euros, 72 da Xunta de Galicia e 8 das familias. En cambio, o modelo de Feijóo supón un custe de 200 millóns de euros, 80 procedentes da Xunta e 120 postos polas familias galegas.

Dixo neste sentido “a sociedade galega non está pola labor de soportar tanta soberbia nin tanta prepotencia” coa que o goberno galego impuxo un modelo “menos equitativo, menos eficiente e que prexudica claramente ás familias galegas”. Lembroulle que “vostedes teñen o deber de evitar que nin un só estudante galego de ensino obrigatorio poida quedar sen libros de texto por falla de recursos económicos”.

Criticou que o goberno galego poña en perigo a equidade do ensino obrigatorio “por mor das políticas austericidas postas en marcha por vostedes nos últimos anos”, recortándolle á educación pública 400 millóns de euros nos últimos cinco exercicios orzamentarios. Eses recortes supuxeron que as familias teñan que pagar polos libros de texto, quitándolles as bolsas de estudos e obrigando aos mozos e mozas a marchar ao estranxeiro.

Libro electrónico

O responsable socialista advertiu tamén fronte ás “falsas expectativas que logo non poidan cumprir” sobre a implantación do libro electrónico nos centros educativos e preguntou “qué empresas están detrás deste importante proxecto” e que suporá un investimento de case sete millóns de euros.

Docasar reclamoulle ao goberno galego un “exercicio de realismo” logo de que anunciaran que o programa chegaría a 2.500 alumnos no curso 2014 – 2015 e a 22.500 nos próximos tres anos. Preguntou “qué se fará co resto dos estudantes galegos que son a grande maioría” e sinalou especificamente a aqueles estudantes que non teñen un acceso internet axeitado por vivir no medio rural.

Docasar preguntouse “qué teremos no vindeiro curso escolar?, gratuidade solidaria made in Feijóo, moi cara -ineficiente e non chega a todas as familias-?, sistema de préstamo como recomenda a Defensora del Pueblo -por ser máis económico e eficiente-?, Bancos de Libros como están a pedir as ANPAS? Libros electrónicos de Planeta ou Microsoft, cun custe de sete millóns de euros para o erario público?”.

Reclamoulle ao representante da Consellería de Educación “que se aclare, e compre facelo xa, por respecto aos centros educativos e ás familias galegas”, rematou Docasar.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar