Discurso completo de José Ramón Gómez Besteiro na ofrenda a Castelao en Rianxo

Discurso completo de José Ramón Gómez Besteiro na ofrenda a Castelao en Rianxo

Discurso completo de José Ramón Gómez Besteiro na ofrenda a Castelao en Rianxo

eeeeBo día, compañeiros e compañeiras
Hoxe é un día de celebración, pero tamén é un día moi marcado pola lembranza. Veño
agora mesmo de Pontevedra, de despedir a un compañeiro a quen tiven o orgullo de
coñecer e homenaxear co partido hai menos de catro meses. Celso García de la Riega
era militante desde o ano 36, o máis antigo de Galicia. Deixará para sempre a súa
pegada en min e no socialismo. Forma xa parte da nosa identidade.
É un día de lembranza tamén daqueles que nos abandonaron hai dous anos no
accidente de tren de Santiago. Quero transmitir en nome de todos os socialistas de
Galicia o noso ánimo, afecto e máis profunda consideración a todas as familias
afectadas por tan lamentable suceso.
E por suposto quero ter unha lembranza moi especial á figura do compañeiro Carlos
Gey, que por primera vez non nos acompaña neste acto no seu querido Rianxo.
Puidemos contar con el ata o final, cun exemplo de compromiso e lealdade, sempre
cercano e levando por bandeira os ideais socialistas. Pola memoria de todos eles
pedimos un minuto de silencio.
Compañeiros e compañeiras, amigos e amigas.
Ademais dun día especial de celebración e lembranza, hoxe é ante todo unha xornada
de reivindicación.
Reivindicación con nós mesmos, coa nosa galeguidade e coa nosa
singularidade.
Unha singularidade que sempre se plasmou nunha identidade propia que
serviu de guía os galegos arredor do mundo e ao longo da historia.
A crise cuestionou moitas cousas e levou consigo moitas outras. Pero o que non nos
pode arrebatar a crise é a nosa coherencia, a coherencia co que sempre fomos e
co que sempre defenderemos.
Porque o galeguismo para nós, non é só unha cultura propia, unha forma de ver o
mundo ou unha forma de falar e entenderse, o galeguismo para os socialistas é
ante todo unha forma de organizarse como país e de afrontar retos futuros
como sociedade dende a nosa propia singularidade.
Por iso, os socialistas levamos 16 anos rendendo tributo en Rianxo a quen
sempre defendeu unha Galicia con identidade propia que superara o seu
atraso social e económico.
Mentres uns e outros se pelexan por ver quen se apropia máis da figura de
Castelao, os socialistas traballaremos para que a Galicia que defendía
Castelao chegue a ser unha realidade para todos os galegos.
Con esta conmemoración os socialistas galegos queremos facer unha defensa da nosa
historia real, unha dignificación da nosa identidade como pobo.
Pero non só iso, un día como hoxe tamén nos ten que servir para alertarnos dun
dos perigos menos evidentes pero que leva aparellado unha das consecuencias
máis daniñas para unha sociedade como a nosa: a desmemoria.
Castelao paro nós non é un símbolo, para nós Castelao é un feito.
Un feito que se plasma na realidade da súa experiencia vital e do seu legado
intelectual.
Unha experiencia vital marcada pola defensa da existencia dun pobo e dunha
cultura que o levou a morrer no exilio.
E un legado intelectual que o levou a escribir, debuxar e teorizar a súa idea dunha
Galicia que superara o illamento e o atraso económico e social que vivira
Os socialistas defendemos e reforzamos a nosa memoria como pobo para que cada
ano que pase, ante cada ataque a nosa intelixencia colectiva, por si mesma, se atope
coa fortaleza necesaria para facer fronte aos políticos máis interesados en
interpretar o pasado en base aos seus intereses que en proporcionar un
futuro axustado ao de todos os cidadáns.
Actos como o de hoxe, téñennos que servir para reivindicar unha Galicia
consciente da súa historia ante aqueles que defenden unha Galicia artificial
e moldeable a conveniencia.
Unha arela non só de Castelao, senón de todos os galeguistas era superar o atraso
económico e social de Galicia.
Hoxe Galicia ten o mellor capital físico e humano da súa historia.
Temos as mellores infraestruturas e a xeración de mozos e mozas mellor formada da
nosa historia.
E sen embargo perdemos poboación, os mozos marchan e Galicia retrocede en todos
os aspectos sociais e económicos con respecto a España e Europa.
Nas últimas datas vimos de coñecer un informe do Foro Económico de Galicia que
alerta da fenda cada vez maior entre Galicia e o resto de España, con graves
problemas de crecemento e produtividade.
Tamén recibimos na última semana a alerta desde o Consello de Contas do alarmante
endebedamento da Xunta de Feijóo, que supera xa os 9.000 millóns de euros, e do
que os socialistas e este secretario xeral vimos advertindo desde hai meses.
Coa dereita gobernando, existe polo tanto un claro risco de que Galicia
quede ancorada noutro atraso histórico en termos de igualdade, benestar e
oportunidades de vida.
Cómpre deixar de facer da figura de Castelao un mero símbolo e traballar
para facer do seu legado unha realidade á que aínda debe aspirar Galicia.
Cada ano estamos aquí para lembrar a Galicia que soñou, escribiu e pola que loitou
Castelao.
Hoxe é o día de proxectar o que quería para Galicia, un desexo que coincide cas
ideas que os socialistas galegos denfendemos cada día no Parlamento, nos
concellos, nas nosas vilas, nos nosos barrios.
Unha Galicia dinámica e moderna cultural e económicamente.
Unha Galicia na que se erradique a pobreza.
Unha Galicia cada vez máis culta e unha Galicia cada vez máis xusta.
Unha Galicia con identidade propia, froito da vontade dos cidadáns e
resultado da construción política como sociedade.
Unha Galicia partícipe, como actor principal, da construción dun Estado
Federal, resultado dunha reforma constitucional máis necesaria que nunca.
Unha Galicia cun status institucional e un peso importante na organización
dun Estado Federal Español, un Estado integral que combine equilibradamante a
descentralización política coa unidade de todos os pobos. Un Estado no que, como
galegos e como socialistas, temos moito que dicir en temas como o financiamento
autonómico ou o modelo territorial.
O galeguismo de Castelao, do mesmo xeito que o do PSdeG, é un proxecto
político incluínte, que ve na unión solidaria un dos seus acenos de
identidade.
Por iso, os socialistas traballaremos nun proxecto no que o galeguismo xogue un papel
fundamental non só na defensa da lingua, o territorio e a cultura, o galeguismo dos
socialistas defenderá un sistema produtivo propio que permita xerar
actividade económica, reter poboación e volver crecer de novo como país e
como pobo.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar