Discriminación orzamentaria contra os xulgados de violencia contra a muller

Discriminación orzamentaria contra os xulgados de violencia contra a muller

Discriminación orzamentaria contra os xulgados de violencia contra a muller

A portavoz de Xustiza do Grupo Socialista, Patricia Vilán, acusou hoxe á Xunta de “discriminar orzamentariamente” aos xulgados específicos de violencia contra a muller de Galicia. Así o dixo no debate dunha pregunta oral ao Goberno na que criticou que o goberno renunciara a nomear un xuíz de garda para cubrir a baixa de vacacións do titular de A Coruña.

Vilán sinalou que o xulgado de A Coruña “atendeu o ano pasado arredor de 1.200 asuntos, tanto penais como civís, e os asuntos tramitados no mes de agosto tiveron que ser tramitados polos de garda”. Así foi, explicou, porque o seu titular marchou de vacacións en agosto despois de que lle denegaran o nomeamento dun substituto, a pesares de que en agosto medre o número destas denuncias.

Criticou o desleixo do goberno galego, que permitiu derivar estes casos “sabendo como están de saturados o xulgados de garda, cando cada semana estivo un xuíz distinto e que traballaron de abondo”. Malia que o verán foi “tranquilo”, advertiu, “en violencia machista, o coñecemento dos asuntos é básico”.

A responsable socialista reivindicou “actuacións integrais e transversais”, así como a dotación orzamentaria necesaria para estes xulgados, que reciben cada día unha media de 15 denuncias por maltrato contra a muller.

A pesares disto, dixo, en Galicia “só hai 2 xulgados específicos en Vigo e A Coruña, e os dous necesitan máis medios, máis funcionarios e novas instalacións”, mentres no resto dos xulgados “non teñen nin habitacións separadas para as denunciante e os denunciados”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar