Discrecionalidade no reparto de axudas da Xunta aos concellos

Discrecionalidade no reparto de axudas da Xunta aos concellos

Discrecionalidade no reparto de axudas da Xunta aos concellos

A portavoz de Economía e Facenda do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, denunciou hoxe “discrecionalidade” na distribución de subvencións da Xunta dirixidas aos concellos. No debate dunha interpelación ao Goberno galego que tivo lugar no Pleno do Parlamento, a responsable socialista reclamou autonomía para que estas entidades “poidan exercer as súas competencias”.

Rodríguez Rumbo censurou un “sistema de axudas públicas obsoleto e caciquil, non adaptado a unha sociedade moderna e progresista, que non prima o reequilibro territorial nin procura a prestación de servizos públicos básicos para a cidadanía”. Advertiu que as axudas “incumpren as obrigas legais de transparencia e obxectividade” co obxecto de “tutelar” aos concellos.

Explicou que as axudas aos concellos publicadas en xuño de 2016, en “estrito réxime de concorrencia non competitiva”, foron publicadas “dez meses despois”, e “o 80 por cento delas foron concedidas a concellos do PP”. Semellante resultado tiveron as axudas do Plan Hurbe, que xestionou 30 concesións, das cales “29 foron para o PP, esta é a transparencia e o diálogo que vostedes propoñen”.

Considera “inxusto” que a Xunta destine un total de 119 millóns de euros para o Fondo de Cooperación Local para un total de 313 concellos para que a Deputación de A Coruña distribúa 74 millóns para só 93 concellos, a de Lugo distribúa 20 millóns para 67 concellos e a de Pontevedra outros 41,2 millóns para 61 concellos.

Ninguneo

Rodríguez Rumbo acusou ao goberno galego de “ningunear” aos concellos logo de sete anos sen convocar á Comisión Galega de Cooperación Local para propoñer que “renuncien ao cobro do IBI, a súa principal vía de ingresos, paras as empresas que se instalen nos parques empresariais”.

Respondeulle que “se tan boa medida lle parece, sexan vostedes dende a Xunta os que incentiven ás empresas para que se instalen no país” para “incentivar a creación de emprego e o crecemento económico e demográfico”. Dixo que “aqueles concellos que teñan estes incentivos dentro das súas políticas, que as leven adiante, pero non porque o impoña o goberno galego”.

Reclamou ademais que atenda as medidas propostas pola Fegamp para reformar as Facendas Locais suprimindo paulatinamente as subvencións con fondos propios para integralas paulatinamente no Fondo de Cooperación Local. Instou a eliminar a discrecionalidade no reparto de axudas públicas substituíndoas por “criterios obxectivos e consensuados coas entidades locais para o seu reparto.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar