O director xeral de Xustiza debe dimitir polas eivas na seguridade do LexNet

O director xeral de Xustiza debe dimitir polas eivas na seguridade do LexNet

O director xeral de Xustiza debe dimitir polas eivas na seguridade do LexNet

A portavoz de Xustiza do Grupo Socialista, Patricia Vilán, presentou unha iniciativa parlamentaria na Comisión de Xustiza do Parlamento para reclamar a dimisión do director xeral da Consellería de Xustiza polos problemas de seguridade no servizo informático LexNet. A responsable socialista dirixiuse ao PP para sinalar que “debera caérselles a cara de vergoña” por rexeitar esta iniciativa.

Vilán reclamou ademais unha auditoría externa para avaliar a implantación do sistema en Galicia, logo de que teña sido hackeado xa ata en catro ocasións, poñendo os datos e ficheiros sensibles custodiados pola Administración de Xustiza como “de libre acceso para calquera persoa”.

Cualificou como “delirante” a afirmación do ministro de Xustiza, que logo de que o sistema colapsara o pasado 27 de xullo, dixo que se trata dun sistema pechado e seguro “se se utiliza de forma legal e ética”. Os feitos, dixo, deixaron ao ministro sen argumentos cando o sistema caía de novo en menos de 24 horas, evidenciando que a plataforma non era utilizada de forma legal e ética por todo o mundo.

Sinalou que o colapso do sistema viña sendo anunciado por canto “o sistema non funciona, e era de prever que a finais de xullo colapsaría aínda máis dado que adoitan presentar multitude de escritos ante as vacacións do mes de agosto”.

Esta situación non impediu sen embargo que o PP rexeitara unha proposición non de Lei na Comisión de Xustiza pedindo a constitución de “comisións de seguimento en Galicia para evitar poñer en perigo os dereitos á tutela xudicial efectiva e á seguridade xurídica”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar