O director da CRTVG debe dimitir pola impresentable e indecente cobertura da vaga de lumes

O director da CRTVG debe dimitir pola impresentable e indecente cobertura da vaga de lumes

O director da CRTVG debe dimitir pola impresentable e indecente cobertura da vaga de lumes

A deputada socialista Noela Blanco reclamou hoxe a dimisión do director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, pola “irresponsable e indecente” cobertura da vaga de lumes. Así o dixo nunha sesión da Comisión da CRTVG que os socialistas abandonaron logo de que o presidente lle furtara a Blanco o dereito á réplica por facer alusión aos incendios, unha medida que non tomou co resto dos grupos parlamentarios.

“Vostede non tiña que estar hoxe aquí, tiña que estar na súa casa porque debera ter dimitido ao día seguinte ou a mesma noite da vaga de lumes”, dixo, pola cobertura dos lumes cando a TVG “pareceu mais o NoDo que un medio de comunicación público”. Criticou a lentitude do ente en comezar a informar sobre a vaga de lumes, continuando coa programación que “só interrompeu para retransmitir unha declaración de Feijóo falando de terroristas incendiarios e que os lumes viñan de Portugal”.

A responsable socialista criticou a “falla de emisións en directo durante horas, en lugar do despregue informativo que a cidadanía reclamaba a través das redes, sen ofrecer información sobre a situación das estradas cando había ducias de persoas pechadas no túnel de A Cañiza ou localidades evacuadas”.

Lamentou que a televisión pública “non contribuíra precisamente a axudar a milleiros de persoas que non sabían como reaccionar nunha situación límite”, limitándose a exercer “a forma mais antiga e perigosa de manipulación informativa, que é a falla de información durante horas”.

A TVG continuou emitindo Serramoura, dixo, mentres os mesmos actores pedían nas redes que cortaran o capítulo para ofrecer información sobre os lumes, pero, engadiu, “a directora de informativos non apareceu ata as 23,00 da noite, e o informativo non comezou ata as 23,30, cando xa había dúas persoas mortas”. Mentres, dixo, “había catro mochilas de conexión en directo aquel día, pero estaban en eventos deportivos”.

Criticou ademais que o propio xefe de informativos da Radio Galega continúe no seu posto logo de ter publicado nun medio de comunicación un artigo atacando á oposición para cualificalos de “carroñeiros da información” e acusalos de “mercadear cos cadáveres”.

Abandono da Comisión

Os dous representantes do Grupo Socialista abandonaron a sesión da Comisión de Control á CRTVG en sinal de protestacando o presidente da mesma decidiu impedirlle a quenda de réplica á deputada socialista Noela Blanco por, na súa opinión, non cinguirse á cuestión. A parlamentaria socialista transmitiu a súa protesta ao observar que ao resto dos grupos parlamentarios si que lles permitía falar deste tema en exclusiva tanto na primeira quenda como na réplica.

A deputada socialista apelou tanto a estes casos como aos “antecedentes inmediatos” na mesma sesión de control do Pleno do Parlamento, na que o BNG puido tanto intervir como replicar sobre este asunto, por decisión do presidente do Parlamento, a pesares de non ter nada que ver coa súa pregunta.

Blanco reivindicou “o mesmo dereito” para o Grupo Socialista e denunciou a intención do presidente da Comisión de “amordazar a este grupo parlamentario tal e como se está a facer cos traballadores do ente”, e anunciou que lle reclamará unha “desculpa formal” ao presidente da Comisión da CRTVG.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar