Diñeiro para poñer medallas ás virxes antes que para chalecos antibalas

Diñeiro para poñer medallas ás virxes antes que para chalecos antibalas

Diñeiro para poñer medallas ás virxes antes que para chalecos antibalas

A portavoz de Xustiza do Grupo Socialista, Patricia Vilán, criticou hoxe o “exercicio de cinismo” do PP por “vir hoxe aquí a falar de homenaxes á policía nacional que morreu en Vigo por non levar chaleco e gastar o diñeiro en poñerlle medallas ás virxes e non gastalo en chalecos antibalas para mulleres”.

Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei debatida en Comisión parlamentaria na que os socialistas galegos reclamaban chalecos antibalas adaptados ás mulleres e que foi rexeitada polo PP. Vilán criticou unha “discriminación evidente por razón de sexo” que se suma á carencia de matrial, xa que “é verdade que non hai chalecos para tódolos efectivos, pero neste caso é tamén porque son mulleres”.

Vilán lembrou que a muller policía faleceu en Vigo en novembro de 2014, e criticou que o PP “diga agora que a finais de 2015 o ministro do Interior confirma que se están a fabricar chalecos antibalas”. Esplicitou que “ás nove da mañá de hoxe falamos coa representante do sindicato de policía que nos trasladou esta demanda e nos confirmou que a mes de marzo de 2016 aínda non recibiron nada”.

A deputada socialista sinala que as axentes da Policía Nacional “deben poder usar chalecos antibalas inividualizados como recurso imprescindible para mitigar o risco físico”. Logo do falecemento da policía en Vigo o Ministerio de Interior propuxera asignar chalecos “de uso comunitario”, pero adquiriu 20.000 unidades que “non serviron para nada, pois só se adquiriran modelos masculinos”.

Estes reducen a súa efectividade, xa que “quedan grandes e con deficiente protección traumática no peito”, a partir do cal probaron un modelo cunha banda axustada á zona do peito que “non se acomoda á cintura, provoca forte presión e dor na zona do peito, que se agudiza nos casos de mulleres con tallas grandes”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar