Din que que o ano 2012 “foi un monumental engano e un descomunal castigo para os galegos”

Din que que o ano 2012 “foi un monumental engano e un descomunal castigo para os galegos”

Din que que o ano 2012 “foi un monumental engano e un descomunal castigo para os galegos”

Din que tódalas decisións do Goberno de Mariano Rajoy “xogaron en contra de Galicia”

Anuncian que o PSdeG-PSOE rexistrará no Congreso cada semana unha batería de iniciativas parlamentarias “ata que nos aclaren cales son as intencións do Goberno de Rajoy sobre os prazos da alta velocidade e o proxecto de soterramento e a estación en Ourense”

Alertan do “deterioro da democracia e as conquista sociais”

A deputada Laura Seara, acompañada do senador Miguel Fidalgo cualificaron o ano de Goberno de Mariano Rajoy “como unha autentica estafa”. Seara dixo que o 2012 “foi un monumental engano e un descomunal castigo para os galegos, e sobre todo para os galegos da Galicia interior, e particularmente para as provincias de Lugo e Ourense”.

Nunha rolda de prensa a deputada ourensá asegurou que Mariano Rajoy presentouse ás eleccións “ofrecendo lebre, pero serviu gato tóxico que esta envelenado aos cidadáns”, tanto dende o punto de vista social como económico.

Afirma que tódalas decisións do Goberno de Mariano Rajoy “xogaron en contra de Galicia”, e nomeadamente na provincia de Ourense.

Critica que “hai 109.098 pensionistas ourensáns que se verán afectados pola decisión de Rajoy de non revalorizar as pensións”, o que supón unha pedida de 9.6 millóns de euros. Unha decisión que lembra “tamén foi un engano”, xa que foi negado taxativamente polo PP nas distintas comparecencias parlamentarias e declaracións.

Advirte ademais que o PP ten “unha axenda oculta para reformar o sistema de pensións”. Anuncia que dende o PSdeG-PSOE “ímonos a opoñer con total rotundidade a calquera reforma que non teña o respaldo dos sindicatos e dos empresarios e do Pacto de Toledo”, como si sucedeu coas reformas emprendidas polo Partido Socialista. E insistiu “senón hai o mesmo consenso social que o acadado co Partido Socialista, estaremos en contra”, espetou.

Seara dixo que o PP considera a provincia de Ourense “como un territorio colonizado “, xa que solo visitan a provincia “de cando en vez para recoller votos, e mentres esquécense todo ano dos problemas dos ourensáns”, subliñou ademais que é unha terra que precisa “políticas de discriminación activa para desenrolar os seus sectores produtivos”.

No que se refire a chegada á alta velocidade advirte que os ourensáns “non saben que vai a pasar coa chegada da alta velocidade”. Sinala ademais que o proxecto sobre o soterramento “leva agochado un ano”, xunto co proxecto da estación intermodal de Ourense. E insistiu “temos sospeitas de que este gran proxecto pode ser modificado”, e advertiu que desde o PP non se desmentiron as advertencias realizadas polo Partido Socialista “sobre o futuro desta estación”.

Anunciou que o PSdeG-PSOE rexistrara unha batería de iniciativas parlamentarias semanais “ata coñecer cales son as intencións do Goberno de Rajoy sobre a chegada da alta velocidade e o proxecto de soterramento”. Seara ten a sospeita de que o PP “queira voltar ao trazado antigo, o que suporía unha autentica cicatriz na cidade”.

Coas cifras na man dixo que o Goberno de Rajoy “ten un balance de 500.000 de parados mais en España, 5.000 parados mais na provincia de Ourense e case 38.000 parados mais en Galicia”.

Por ultimo se comprometeu a traballar a reo “para facer unha oposición de Goberno firme, útil e dura”, e resumiu “ante cada aldraxe a Galicia e Ourense, Rajoy e o PP recibirán non so unha denuncia, tamén unha proposta alternativa”.

Comparecer en cada concello de Galicia

Pola súa banda o senador Miguel Fidalgo dixo que o PP e o Goberno de Rajoy “debe comparecer en cada concello de Galicia e en cada concello de Ourense para explicarlle aos cidadáns que prometeron unha cousa e fixeron xustamente o contraio”.

Asegura que desta xestión “deben responder tódolos cargos orgánicos co Partido, dende os alcaldes ata ao secretario provincial”. E pediu que “expliquen como están desmontando a lei de dependencia, a tele-asistencia , a sanidade ou porque se pechan residencias?”. Ou porque se vai favorecer a ensinanza relixiosa?”.

Tamén aludiu ao recortes nos trens da provincia, como Remesala ou Gudiña ou mesmo o peche de paradores. E reclamou explicacións ao Goberno do Rajoy “porque se exclúen danos dos incendios na provincia, xa que advirte que o PP ”fixo unha lei para indemnizar a partir o 1 de xuño”, o que prexudica gravemente aos incendios ocorridos na provincia.

Dixo que a folla de ruta do PP presenta un sistema de “caridade e outro de negocio para os mais ricos, para que os mais ricos teñan unha educación e unha sanidade e unha dependencia e unha xustiza de elite”. Fidalgo alertou tamén do “deterioro da democracia e as conquista sociais”. E concluíu con que “a economía de Rajoy é un puro desastre”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar