Din que os orzamentos de Feijóo “descapitalizan Galicia”

Din que os orzamentos de Feijóo “descapitalizan Galicia”

Din que os orzamentos de Feijóo “descapitalizan Galicia”

Carmen Gallego asegura que as contas autonómicas esta encamiñadas a “dilapidar o estado do benestar e acrecentar o sufrimentos das familias”

Sobre a perdida do sistema financeiro galego dixo que “todo é un gran engano, os galegos quedan sen caixas, os estafados polas preferentes e os inversores sen aforros”

Carmen Gallego coordinadora da área de Promoción Económica e Emprego da Executiva socialista valorou hoxe os orzamentos presentados por Feijoo, e asegurou que a Xunta “opta polo camiño mais sinxelo”. Aludiu ao mantra do déficit publico “pero renuncia a definir unha estratexia de incremento dos ingresos.”E proseguiu “Feijoo non quere facer a política fiscal que ten nas súas mans e fai inevitable a redución do gasto e a inversión publica”.

A parlamentaria dixo si Feijoo decide renunciar a política fiscal, non recaudando ingresos dos mais que teñen “o único que consigue e que as familias galegas sufran mais, que os servicios públicos non se dean con calidade, impedir as políticas de crecemento, acrecentar a dor das familias e deteriorar o benestar dos cidadáns e decascapitalizar o conxunto do pais”.

Sinala ademais que esta folla de ruta iniciada por Feijoo “conleva que os galegos atravesaran unha crise mais dura e moito mais longa”, e insistiu “están son as consecuencias do Goberno de Feijoo”. E resumiu os seus orzamentos esta encamiñados a “dilapidar o estado do benestar e acrecentar o sufrimentos das familias”.

Sobre a perdida do sistema financeiro galego dixo que “todo é un gran engano, os galegos quedan sen caixas, os estafados polas preferentes e os inversores sen aforros”. Critica que Feijoo “non pelexou co Goberno de España para que a valoración das caixas non fora esa”.

Por ultimo lembrou que Feijoo ten 424 millóns en facturas pendentes e asegurou que a solvencia de Feijoo “xa esta polo chan, porque ao final os seus trucos acabamos pagando tódolos galegos”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar