Din que Feijóo non ofrece solucións para os problemas dos galegos

Din que Feijóo non ofrece solucións para os problemas dos galegos

Din que Feijóo non ofrece solucións para os problemas dos galegos

Abel Losada replica que as verbas de Feijoo “están cheas de retórica, enganos e política de telexornal”

Advirte que o chamamento ao consenso feito por Feijoo “é un chamamento baleiro, que o Presidente desminte con feitos dia tras dia”

Aludiu a escenografía montada polo Presidente da Xunta para emitir o discurso, e lamentou o descoñecemento de Feijoo, xa que asegurou que emitía o seu discurso dende a casa natal de Rosalía de Castro en Padrón, Losada lembroulle que a escritora naceu en Santiago de Compostela .“É evidente que os recortes en cultura afectan ao mesmo Presidente da Xunta”

O portavoz do Grupo Parlamentario Socialista cualificou o discurso de Fin de Ano de Feijoo “como un discurso vacuo”. Advirte que Feijoo fai un chamamento á unidade “que non se responde á practica política do Goberno de Feijoo”. Dixo que o ano 2012 foi un mal ano para Galicia, e o Goberno que ten a responsabilidade de dar unha solución aos problemas dos galegos “non esta a facelo”.

O dirixente socialista afirma que “unha vez mais Feijoo esqueceuse dos problemas fundamentais dos galegos e das galegas”. Dixo que rematou “o ano 2012 enganando aos cidadáns, e lamentablemente comeza o ano 2013 do mesmo xeito”.

Losada advirte que o chamamento ao consenso feito por Feijoo “é un chamamento baleiro, que o Presidente desminte con feitos dia tras dia”. E insistiu “Feijoo pretende impoñer unha política moi conservadora, moi ideoloxizada e que non atende aos problemas dos cidadáns.”

Replica que as verbas de Feijoo “están cheas de retórica, enganos e política de telexornal”, e proseguiu “pero sen solucións para os problemas dos galegos”.

Afirma que problemas de Galicia como crecemento económico e a creación de emprego ou mesmo o blindaxe dos servicios públicos esenciais “sobre todo isto ningún prantenxamento nin novedoso nin efectivo, soamente retórica”, insistiu.

Por ultimo aludiu a escenografía montada polo Presidente da Xunta para emitir o discurso, e lamentou o descoñecemento de Feijoo, xa que asegurou que emitía o seu discurso dende a casa natal de Rosalía de Castro en Padrón, Losada lembroulle que a escritora galega naceu en Santiago de Compostela .“É evidente que os recortes en cultura afectan ao mesmo Presidente da Xunta”, resumiu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar