Din que as promesas de Feijóo “son un autentico fraude electoral”

Din que as promesas de Feijóo “son un autentico fraude electoral”

Din que as promesas de Feijóo “son un autentico fraude electoral”

A portavoz de Política Institucional Beatriz Sestayo asegura que “as mentiras de Feijoo páganas os empregados públicos”

Anunciou que o PSdeG-PSOE “estará combativo diante dos recortes de Feijoo e do PP”

Criticou o despedimento de 109 orientadores de empregos o 31 de decembro

A portavoz de Política Institucional do Grupo Socialista, Beatriz Sestayo acusou hoxe ao Goberno de Feijoo de non cumprir os compromisos electorais con Galicia e cos galegos “o famoso contrato cos electores é un autentico fraude electoral”. Asegurou tamén que Feijoo “non so incumpre os seus compromisos electorais, senón que son os contrarios aos que prometeu durante a campaña”.

A parlamentaria lembrou que Feijoo comprometeuse a non recortar o soldo aos funcionarios porque segundo as súas propias verbas “os funcionarios xa tiñan sufrido o suficiente”. Por iso insistiu nas súas criticas “Feijoo mente mais que fala”, xa que se acaban de anunciar un recorte dun 4% nas retribucións de tódolos funcionarios en Galicia. Asegura que esta medida “chega despois dunha chantaxe política aos representantes sindicais”, xa que se ameazou aos sindicatos “ou hai un recorte dun 7% ou se despiden a 3.000 empregados públicos”.

Beatriz Sestayo, presentou hoxe en rolda de prensa, unha interpelación parlamentaria para esixir explicacións ao Goberno de Feijoo sobre si rectificará a súa decisión de recortes nas retribucións dos empregados públicos?. Ademais quere saber “porque mentiu o presidente da Xunta na campaña electoral?, a cantos empregados públicos lles afecta a medida?. Cal é a cantidade que tenta aforrar Feijoo con estes recortes a costa dos empregados públicos?. En que vai reverter ese aforro?, e por ultimo si vai “suprimir algún posto de traballo público o Goberno de Núñez Feijoo?”.

Anunciou que o PSdeG-PSOE “estará combativo diante dos recortes de Feijoo e do PP”. e vincula a “folla de ruta do Partido Popular coa destrución dos servizos públicos”. E advertiu “que estas prestacións non existen ou están en perigo mortal” en Galicia.

Dixo que Feijoo “ten que facer cadrar as contas para axustar 400 millóns euros que ocultaba nas contas publicas, e limpar a cara a súa tan cacarexada austeridade pero neste caso á costa dos funcionarios públicos”. E denunciou que esta desfase orzamentario ratificado polo Consello do Contas “ten que ser pagado polos empregados públicos”.

E insistiu “as mentiras de Feijoo páganas os empregados públicos”. A maiores criticou o despedimento de 109 orientadores de empregos o 31 de decembro. Sinalou que o emprego debería ser unha das prioridades de Feijoo,e lembrou que “primeiro despediu aos promotores de emprego”. Algo que cualificou como unha “mentira mais”.

Ademais puxo enriba da mesa a preocupación dos sindicatos sobre unha posible intervención e tamén sobre unha nova oleada de recortes “o único que recibiron foi a calada por resposta”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar