Diálogo para regularizar a actividade das orquestras galegas

Diálogo para regularizar a actividade das orquestras galegas

Diálogo para regularizar a actividade das orquestras galegas

O portavoz de Cultura do Grupo Socialista, Emilio Vázquez, reclamoulle hoxe á Xunta “diálogo” co sector das orquestras e espectáculos populares de Galicia para regularizar a súa actividade de forma conxunta. O responsable socialista presentou unha pregunta na Comisión de Cultura para pedirlle ao goberno que atenda ás demandas do sector.

O responsable socialista reclamou que se recoñezan as singularidades das orquestras galegas á hora de aplicar a regulación de licencias e de analizar a súa fiscalidade. Do contrario, dixo, poden poñer en perigo a un sector que da traballo a mais de 7.000 persoas e factura 60 millóns de euros ao ano.

O deputado socialista levou á Cámara autonómica as demandas do sector, que propón a identificación de orquestras e grupos establecendo licencias e permisos para exercer a profesión. Ademais propoñen adaptar o sistema ás súas circunstancias tributarias específicas, tendo en conta que os músicos tributan conforme ao réxime especial de artistas, e que son pagados a través de comisión de festas ou asociacións de veciños.

Vázquez reclamou “organizar e extinguir a opacidade” na fiscalidade das orquestras galegas, pero demandou “ter en conta as súas particularidades”, de forma que sexa posible “consensuar fórmulas que permitan a súa viabilidade”.

Lembrou a importancia das orquestras para a cultura popular galega, onde se celebran da orde de 3.000 verbenas ao ano, roldando as 12.000 actuacións musicais vencelladas a estas celebracións, que conforman unha industria musical propia.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar