Día Internacional da Muller

Día Internacional da Muller

Día Internacional da Muller

O Grupo Socialista rexistrará hoxe, con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, un total de 16 baterías de iniciativas parlamentarias de control e impulso con outras tantas propostas para defender a igualdade de xénero e sinalar a paralización das iniciativas do goberno galego neste sentido.

Ademais, as deputadas e os deputados socialistas comezarán cadansúa intervención no Pleno de hoxe cunha cita dunha muller sinalada e as parlamentarias realizaron un paro simbólico de cinco minutos ás 12,00 do mediodía. Así o fixeron logo de que a proposta presentada polos socialistas galegos á Mesa do Parlamento para facer unha parada na sesión non prosperara pola negativa dalgúns grupos parlamentarios.

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, explicou que estas iniciativas parlamentarias, que serán rexistradas ao longo do día de hoxe, pretenden alertar do desleixo do goberno galego en materia de igualdade. Ademais incorporan propostas en positivo para utilizar os instrumentos e as competencias dispoñibles para o Executivo autonómico nesta materia.

Así, propoñen o cumprimento da Lei de Igualdade, que permanece “conxelada” polo Executivo autonómico dende a súa aprobación en 2015, a través da posta en marcha do Plan Galego de Emprego Feminino, a renovación do VI Plan de Igualdade da Xunta, rematado en 2015, liberalizando a concesión de teletraballo na administración, incluíndo a perspectiva de xénero nos orzamentos da Xunta ou reactivando o Consello Galego da Muller.

Citas

As deputadas e os deputados do grupo socialista comezaron ademais hoxe as súas intervencións con citas de mulleres sinaladas, como a escritora galega Emilia Pardo Bazán á que citou o portavoz do Grupo Socialista na sesión de control ao presidente, ou a escritora feminista afroamericana Audre Lorde, escollida pola portavoz de Igualdade do Grupo Socialista, María Pierres.

As intervencións comezaron tamén con citas da escritora Virginia Woolf, a tamén escritora galega Concepción Arenal, a investigadora Marie Curie, a lembranza das mulleres de Encrobas ou mesmo á personaxe de tiras de cómic de Quino, Mafalda.

Xoaquín Fernández Leiceaga: “Se en lugar de chamarme Emilia me chamara Emilio a miña vida tería sido ben diferente” Emilia Pardo Bazán.

María Pierres: “Non desmontaremos a casa do amo coas ferramentas do amo”, Audre Lorde.

Patricia Vilán: “Non hai présa, non hai necesidade de brillar, non é necesario ser ninguén agás unha mesma” Virginia Woolf.

Loli Toja: “Ensináronme que o camiño do progreso non é rápido nin sinxelo”, tampouco o da igualdade, seguiremos loitando, Marie Curie.

Noela Blanco: “Temos homes de principios, mágoa que non pasen do principio” Mafalda.

Begoña Rodríguez Rumbo: lembrou ás mulleres de Encrobas, que unha fría mañá do mes de febreiro de 1977, “armadas” con paraugas e o seu propio corpo colocáronse na primeira liña da resistencia, enfrontándose con decisión ao embate da Garda Civil. Protagonistas porque defenderon as súas terras, as súas vivendas, as súas vidas.

Juan Díaz Villoslada: “A sociedade non pode en xustiza prohibir o exercicio honrado das súas facultades á metade do xénero humano”. Concepción Arenal.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar