Día Internacional contra a Homofobia e a Transfobia

Día Internacional contra a Homofobia e a Transfobia

Día Internacional contra a Homofobia e a Transfobia

O PSdeG-PSOE quere celebrar hoxe o Día Internacional contra a homofobia e a transfobia sumándose ás peticións dirixidas á Organización Mundial da Saúde para que proceda á despatoloxización da transexualidade na próxima revisión do Manual Diagnóstico e Estatístico de Trastornos Mentais –DSM V- prevista para este ano 2012.

Os socialistas galegos amosan a súa firme defensa dos avances acadados nos últimos anos en materia de dereitos para lesbianas, gais, transexuais e bisexuais no noso país, e apostan por superar a homofobia, a transfobia e a bifobia, que constitúen “unha das formas de odio mais estendidas”. Sinalan ademais que a homosexualidade segue sendo perseguida penalmente en 76 países, e mesmo castigada coa pena de morte.

Sinalan que traballar contra da igualdade legal das persoas baseada na súa orientación sexual ou a súa identidade de xénero constitúe tamén unha clara forma de homofobia, transfobia e bifobia.

Engaden que as persoas transexuais son un dos colectivos mais excluídos socialmente, como poñen de manifesto os informes elaborados pola Comisión Europea, e sendo obxecto dunha importante discriminación no ámbito laboral e educativo. O PSdeG-PSOE advirte que, a día de hoxe, a transexualidade segue a formar parte do catálogo de enfermidades mentais da OMS.

Sinalan que tanto o Goberno español, a través dun acordo do Consello de Ministros do 14 de maio de 201, como a UE teñen instado á OMS a despatoloxizar a transexualidade na próxima revisión do DSM.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar