Devolución de investimento público e depuración de responsabilidades polo fiasco do Palacio de Sober

Devolución de investimento público e depuración de responsabilidades polo fiasco do Palacio de Sober

Devolución de investimento público e depuración de responsabilidades polo fiasco do Palacio de Sober

O deputado socialista Vicente Docasar reclamoulle hoxe á Xunta que garanta a recuperación dos 4,5 millóns de euros de diñeiro público investidos no complexo hoteleiro denominado Palacio de Sober, inaugurado por Feijóo en 2010 e que rematou nun “fiasco monumental”, co hotel pechado e en concurso de acredores.

O responsable socialista presentou unha pregunta oral na Comisión de Economía do Parlamento para esixir “a depuración de responsabilidades políticas” desta operación e, como mínimo, a recuperación do inmoble para o erario público. Dixo que “xa non valen os contos” do goberno para xustificar unha operación que puxo de manifesto a súa propia incompetencia “e un comportamento moi criticable duns xestores francamente impresentables”.

Docasar reclamou explicacións do presidente da Xunta, que inaugurou o hotel como “un sono persoal conseguido”, un sono do que tamén formou parte a delegada territorial e ex alcaldesa de Sober, Raquel Arias. A súa familia, lembrou, comprou o terreo para vendérllelo despois aos empresarios, e o Igape, que “debera ser o organismo encargado de que estes millonarios investimentos públicos se fixeran ben e con garantías”.

Esixiu as “públicas desculpas” dos responsables políticos desta operación, que hoxe ten a 36 traballadores no paro, e os 3 que aínda traballan alí facendo labores de mantemento “non cobran dende xaneiro e poñen cartos dos seus petos para mercar a gasolina do cortacésped e non teñen mesmo luz pola noite” ,pois foi cortada pola empresa subministradora por falta pago.

Lembrou tamén o deputado socialista que hai varias pequenas empresas da Comarca de Lemos ás que a día de hoxe débenlles cartos pola subministración de servizos ou mercadorías, e pediulle aos responsables da Xunta que fagan o posible para solucionar esa lamentable situación.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar