Deterioro nos coidados hospitalarios polos recortes de Feijóo

Deterioro nos coidados hospitalarios polos recortes de Feijóo

Deterioro nos coidados hospitalarios polos recortes de Feijóo

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, ven de denunciar o “deterioro dos coidados hospitalarios”, que, “a pesar do esforzo diario do persoal sanitario”, cada vez “son peores”, e se “van notando os recortes” que levan aplicado.

 

Agora xa non se mudan as sabas coa mesma frecuencia e non se atopan toallas, segundo a parlamentaria socialista, “porque a austeridade se aplica ata ao lavado”, denuncia Acuña.

 

A deputada remitiuse ás denuncias remitidas aos socialistas por usuarios e polo persoal sanitario, que advirte tamén que o material funxible é cada vez máis escaso e de peor calidade, aínda que a administración autonómica o nega. “As vendas elásticas non cumpren coa súa función de compresión, non sei se acabaremos lavando ás vendas e as gasas xa non son de algodón”, indica Acuña que continuando coas denuncias, salienta que “as palomitas para vías dobran e os émbolos das xiringas non funcionan, as mascarillas non son permeables, as luvas rompen de seguido, as camas non rodan ben e escasean as cadeiras de rodas”, resumiu a portavoz de Sanidade socialista.

 

Ademais, “apareceron as fiambreiras”, criticou. Acuña recibiu as denuncias de familiares de usuarios aos que se lle pediu que levaran da casa “galletas aptas para diabéticos e café descafeinado”, sinalou. As dietas especiais están “tan medidas e recortadas” que se lles indica aos pacientes que a traian para a casa.

 

O deterioro sanitario incrementouse este verán polo colapso das urxencias, provocado tamén “porque as plantas están pechadas”. Esta medida que a priori podería parecer de aforro, provocou en primeiro lugar o colapso das urxencias, provocando tempos de espera de atención e permanencia no centro máis amplos. Ademais, continuou Acuña,  a errática xestión da apertura de estas plantas provocou que non se dotaran do persoal e material adecuado.

 

A parlamentaria socialista puxo como exemplo o “calvario” pasado por unha doente sometida a un tratamento inmunodepresor, que foi confinada nunha sala con outros 50 doentes máis de 24 horas, cando debera estar illada nunha habitación. Carmen Acuña subliña o risco de que nesa sala de urxencias, atendida por unha enfermeira e dúas auxiliares, coas camas amontoadas, se puidera ter colado un caso de infectocontaxioso sen diagnosticar.

 

A deputada socialista recriminou a Feijóo que pretenda “seguir narcotizándonos dicindo que camiñamos cara a excelencia” en materia sanitaria. Os socialistas, dixo a portavoz de Sanidade, imos a seguir pelexando pola Sandiade Pública ao lado dos doentes e dos profesionais. Anunciou que pedirán polo art. 9 os escritos de denuncia dos profesionais da deficiencia, escaseza e falta de calidade.

 

Tamén se presentou unha iniciativa para que se impoña un protocolo para o illamento de inmunodeprimidos, así como unha proposición non de lei para que se respecte o se manteña o sistema de dietas especiais e os coidados xerais. Acuña anunciou tamén o rexistro dunha pregunta ao Goberno polos recortes que se están aplicando e que afectan ao coidado hospitalario dos pacientes.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar