Desregulación da Xunta na artesanía gastronómica

Desregulación da Xunta na artesanía gastronómica

O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, denunciou hoxe o “lamentable desleixo e desinterese” demostrado pola Xunta para regular a artesanía alimentaria que se utiliza nas feiras gastronómicas. No debate dunha pregunta en Comisión, sinalou que a Xunta leva oito anos co borrador de decreto elaborado pero sen ter sido aprobado.

García acusou ao goberno galego de limitar o mercado para os produtores galegos que poden distribuír os seus produtos nestes eventos e que están a perder un importante nicho de mercado.

Resumiu que o desleixo do goberno galego “fai que moitos produtores galegos non poidan comercializar os seus produtos baixo a denominación artesán, aínda sendo, nin participar en ningún mercado ou evento dedicado a este tipo de producións”.

Acusou ao goberno galego de provocar que “sempre teñamos que chegar tarde” a regular este mercado cando varias comunidades autónomas do Estado xa o teñen feito para participar duns eventos, feiras e mercados cada vez máis numerosos e populares.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar