Desprezo do goberno e desamparo da presidencia do Parlamento na reclamación dos contratos de Marcial Dorado coa Xunta

Desprezo do goberno e desamparo da presidencia do Parlamento na reclamación dos contratos de Marcial Dorado coa Xunta

Desprezo do goberno e desamparo da presidencia do Parlamento na reclamación dos contratos de Marcial Dorado coa Xunta

O portavoz do Grupo Socialista no Parlamento de Galicia, Abel Losada, denunciou hoxe o “desprezo do goberno” ao Parlamento e o “desamparo” amosado pola Presidencia da Cámara con relación á solicitude de documentación sobre os contratos do narcotraficante amigo de Feijóo, Marcial Dorado, coa Xunta cando aquel era o responsable do Sergas.

Os socialistas galegos aproveitaron o comezo da sesión parlamentaria para reclamar a inclusión na orde do día da comparecencia do presidente da Xunta para dar conta da “ocultación de información polo goberno galego sobre as relacións do entramado empresarial de Marcial Dorado e a Xunta de Galicia”.

Losada aludiu con esta solicitude á “estratexia de menosprezo ao Parlamento” por “supeditalo aos intereses do executivo” entorpecendo deliberadamente o traballo dos deputados da oposición. Acusou ao goberno galego de tentar de “tapar as vergoñas dun goberno inoperante e incompetente só defendido cunha abrumadora presenza mediática controlada, nunca con datos”.

Os socialistas reclamaron esta solicitude de comparecencia logo de que a Xunta se negara a responder ás preguntas presentadas por este grupo parlamentario aludindo a unha suposta comparecencia do secretario xeral técnico do Sergas no que tampouco fixo entrega nin alusión a información algunha.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar