Desprezo de Educación á comunidade educativa ao pechar catro centros sen avisar e no último día de curso

Desprezo de Educación á comunidade educativa ao pechar catro centros sen avisar e no último día de curso

Desprezo de Educación á comunidade educativa ao pechar catro centros sen avisar e no último día de curso

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Luis Álvarez, criticou hoxe o “desprezo” demostrado pola Consellería de Educación cara aos pais e nais, os equipos directivos e profesorado e ata á administración local de As Pontes, Outes, Ribadavia e Porriño. Así o dixo na comparecencia do conselleiro para dar conta do peche e integración de catro centros educativos naquelas localidades.

Álvarez denunciou que a comunidade educativa non tivera coñecemento da decisión da Consellería ata o último día do curso, e advertiu que “non poden ir o día que pecha o curso a dicirlles que o ano que vén non van abrir as portas”. Acusou ao conselleiro de ocultar información sobre esta reorganización mesmo no anterior Pleno do Parlamento, cando “comparecía para dar conta dos logros da Consellería” agochando esta decisión.

Criticou a desafortunada xustificación de Educación para agochar esta información, supostamente coa “moi loable intención de non alterar ao alumnado en datas próximas ás avaliacións finais”. Ironizou coa cualificou como “Consellería – ansiolítico”, preocupada por “non estresar” á comunidade educativa, agochando que “deixaron sen alterar grupos de 1º e 2º da ESO en concellos do PP para non xerarlles un problema aos alcaldes”.

Sinalou o trastorno que lle producen aos centros afectados este “peche por fusión” e os tres “traslados por integración”, que “non garante en ningún caso que non exista redución de unidades”, como é o caso de Ribadavia, onde os dous centros liña 2, con 4 unidades, pasan a un centro de liña 3, “o que supón perda de postos de profesorado”.

Ad hoc

O responsable socialista puxo en dúbida que exista unha “planificación seria, obxectiva, que conte co necesario consenso e que forneza a oferta pública”, senón que “fan planificacións ad hoc, en cada momento segundo teñan oportunidade”. Advertiu que “é posible que sexa necesario modificar a rede de centros”, pero esixiu “informar, falar coa xente, consensuar as modificacións para deseñar o mapa escolar que queremos”.

Reivindicou “perspectiva de país, que fundamente as decisións e impida actuacións unilaterais de goberno” para deseñar o futuro dos 65 CPI que quedan en toda Galicia, así como “a planificación de transformar IES en CIFP” para aumentar os 23 Centros Integrados de FP da Comunidade Autónoma.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar