Desprezo á democracia de Feijóo, que dedica só un minuto ao día a someterse a control parlamentario

Desprezo á democracia de Feijóo, que dedica só un minuto ao día a someterse a control parlamentario

Pleno del parlamento

Pleno del parlamento

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, criticou hoxe a actitude do presidente da Xunta fronte á Cámara autonómica, que na súa opinión demostra “un claro desprezo aos usos e normas da democracia moderna”. Na comparecencia da directora da Egap en Comisión, lembrou que o presidente da Xunta rexeita sistematicamente tódalas solicitudes de comparecencia formuladas pola oposición.

O seu sometemento ao control parlamentario, explicou, está limitado a tres preguntas de 15 minutos en total cada 15 días, o que equivale a que “o presidente da Xunta dedica un minuto ao día a someterse ao control democrático”. Criticou esta actitude escapista cando “leva dedicados 80.000 millóns de euros de oito orzamentos consecutivos do Goberno galego que non teñen resolto os problemas de Galicia, que está incluso peor”.

O responsable socialista advertiu que a comparecencia voluntaria e periódica da responsable da Egap constitúe “unha afortunada excepción” na actitude dos altos cargos do goberno galego. Méndez Romeu aproveitou para recomendarlle un maior énfase no estudo da corrupción a través da Escola Galega de Administración Pública.

Neste sentido, lembrou que o mesmo presidente da Xunta, que hai un ano anunciaba o comezo dun proceso de loita contra esta lacra amparaba o bloqueo por parte do seu grupo da Comisión de Estudo da Corrupción que permanece paralizada sen emitir as súas conclusións na Cámara autonómica.

Lembrou as recomendacións dos profesionais na materia, que no dito órgano sinalaron que o fenómeno acótase ao urbanismo, contratacións públicas e de persoal, axudas e subvencións, e sinalaron as liñas xerais de loita contra un fenómeno que afecta de forma transversal a tódalas administracións públicas.

Tamén reclamou maior énfase na simplificación administrativa da administración autonómica, maior oferta de cursos sobre idiomas e maior transparencia á hora de seleccionar aos ponentes que participan das actividades da Escola.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar