Despotismo, caciquismo e censura na Consellería de Sanidade

Despotismo, caciquismo e censura na Consellería de Sanidade

Despotismo, caciquismo e censura na Consellería de Sanidade

Carmen AcuñaA portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, reclamou hoxe o cese da conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, por “ética” logo de ter “secuestrado” un informe elaborado pola Comisión de Bioética do Sergas para analizar o impacto dos recortes de Feijóo na equidade do sistema sanitario público, e que provocou a dimisión en cascada de 9 dos 17 membros do órgano consultivo.

Reprochoulle a Feijóo que se poña “de perfil, cruzado de brazos” fronte á xestión “despótica, caciquil e censuradora” de Mosquera, que pon a guinda ao rosario de recortes, copagos, privatizacións a favor de empresas amigas e nepotismo no reparto de xefaturas de servizo “a maridos e amigos”. Alertouno dunha “espiral de despotismo” coa que “hoxe négalle falar sobre estes feitos, pero pronto pode impedirlle que a cese”.

Mentres o presidente da Xunta quere “pasar de puntillas e mirando a outro lado”, dixo, a conselleira de Sanidade, “nervosa e chea de soberbia” demóstrase “incómoda coa ética sanitaria”. Así o fixo saber ao secuestrar un informe sobre o impacto do Real Decreto 16/2012, de sostibilidade do SNS na poboación, unha norma que está a provocar o aumento das desigualdades e da mortalidade nos sectores mais desfavorecidos.

Acuña revelou que o debate interno na Comisión de Bioética xa supuxera dúas dimisións no comezo da elaboración do informe, diante da actitude do presidente do órgano, o director xeral de Asistencia Sanitaria, que “quixo obstaculizar e prolongar os debates” deliberadamente. O traballo continuou coa “manipulación e dulcificación” dos estudos, mesmo chegando a modificar a denominación do informe.

Isto non impediu que a conselleira confiscara o informe, provocando as outras sete dimisións dos integrantes do órgano logo de agochar un documento que debe ser públicos “como tódolos que elabora a Comisión”, por moito que Mosquera o cualifique de “informe interno” e queira converter as renuncias en recambios.

Por qué

Os socialistas reclaman a comparecencia da conselleira de Sanidade e solicitan a entrega do dito informe, ademais de anunciar unha batería de preguntas, interpelacións e proposicións non de Lei para “coñecer por qué” a Xunta está tan preocupada en agochar o documento á luz pública. Acuña quere coñecer tamén informe orixinal para “comparar o que pasou no seo da Comisión”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar