Despilfarro innecesario no traslado do 061 ao Concello de A Estrada

Despilfarro innecesario no traslado do 061 ao Concello de A Estrada

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, presentou unha interpelación na Cámara autonómica diante do “despilfarro innecesario” que suporá o traslado do 061 de San Marcos ás instalacións de A Estrada. Os socialistas galegos presentaron unha serie de iniciativas parlamentarias logo dun encontro cos representantes dos traballadores deste servizo.

Acuña presentou unha interpelación na que lembra que as instalacións actuais, recentemente reformadas, son cedidas sen custe, e pasarán a un Centro Integrado que custou 8 millóns e suporá un desembolso de outros 5 millóns en dotacións. Considera polo tanto que o cambio de sede, ademais de incumprir co compromiso acadado cos traballadores do servizo, resulta “a todas luces innecesario”.

A responsable socialista esixiulle á conselleira que explique se o seu obxectivo é renunciar á xestión dun servizo altamente especializado que hoxe presta unha Fundación pública, para unificalo co 112, dependente da Consellería de Vicepresidencia, como antesala dunha nova privatización dun servizo público fundamental para a cidadanía, e qué vai pasar ademais os traballadores da central de emerxencias sanitarias.

Decisión política

Acuña lembra que o goberno ten desbotado a idea orixinal de instalar os servizos de emerxencias no Concello de Oroso, mais centrado xeográficamente e próximo aos grandes hospitais e infraestruturas de comunicación, para “levalo agora á Estrada sen que saibamos as razóns”, mais alá de que “o primeiro concello está gobernado polo PSdeG e o segundo polo PP”.

Reclamoulle polo tanto que explique “se as melloras que o presidente da Xunta no funcionamento deste servizo na nova situación vanse deber a incrementos na súa dotación ou en cambios organizativos”.

Pregunta así cando está previsto facer o traslado e o seu custe, ademais de reclamarlle á conselleira que diga “cómo se mellora ese servizo cun traslado cando se trata dunha atención telefónica”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar