Desmantelamento das unidades de Saúde Mental de Galicia

Desmantelamento das unidades de Saúde Mental de Galicia

Desmantelamento das unidades de Saúde Mental de Galicia

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, acusou hoxe ao presidente da Xunta de “utilizar a crise como desculpa para desmantelar a sanidade pública, incluída a mental, a sabendas do aumento da demanda nesta área” debido precisamente á propia crise. A deputada socialista presentou unha interpelación na que reclamou o desbloqueo do Plan de Saúde Mental de Galicia.

Acuña criticou que a “ansia polos recortes” de Feijóo, que os levou a privatizar a sanidade pública indiscriminadamente e forzar xubilacións masivas dos médicos e médicas máis experimentados aos “65 anos e un día”, cebouse especialmente na área de Saúde Mental, xa de por si “historicamente esquecida”. O goberno galego “destrozou o pouco que tiñamos” imposibilitando o desenvolvemento do Plan de Saúde Mental e situando este servizo “ao borde do desastre”.

Os doentes galegos víronse trasladados a residencias da terceira idade onde non poden recibir atención, expulsados do sistema público e no mellor dos casos atendidos por unhas asociacións alleas ás que o goberno “estrangula cos recortes: nin fan nin deixan facer”.

A responsable socialista propuxo tamén unha auditoría “para valorar a dotación de persoas expertas en psicoloxía clínica nos centros sanitarios do Sergas e as funcións que están a realizar”, ademais de xeneralizar o programa de prevención de suicidios encetado no Hospital de Ourense iniciado polo goberno de Touriño seguindo as recomendacións da OMS e que foi desmantelado por Feijóo.

Manifesto

Acuña lembrou o manifesto feito público polo movemento Galego de Saúde Mental, integrado por máis de 300 profesionais, colexios, asociacións de usuarios e científicas que alertan dun alarmante incremento na taxa de suicidios rexistrados na Comunidade Autónoma. Entre 2010 e 2014 os suicidios incrementáronse nun 41 por cento chegando a que neste último ano houbo máis de un cada día.

Advertiu que os datos evidencian que “a dotación actual resulta claramente insuficiente” na atención á saúde mental a tódolos niveis. Sinalou os argumentos do Movemento Galego pola Saúde Mental, que advirte que a Xunta “nin planificou a saúde mental nin desenvolveu o seu tratamento, e tampouco seguiu as recomendacións da OMS para a prevención de suicidios, unido á “incompetencia e favoritismo na selección dos mandos intermedios.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar